Dos tempos de Nadal

Chegou xa o tempo de Nadal. As instalacións da luces nas rúas, os anuncios nas televisións e a música de panxoliñas, invade os nosos sentidos desa melancolía morna, que non só activa as nosas emocións, se non que tamén elimina a clave de acceso á nosa memoria de afectos.
A mesma que gardamos con segredo e moito mimo, nese espazo privado, persoal e íntimo, onde habita a tenrura. Podería dicir que en calquera Nadal, caben todas as memorias colectivas destes tempos de cabalgatas, misterios, panxoliñas e regalos.
E todas foron diferentes, pero todas comparten alicerces básicos, que gardamos no cerne elemental do que hoxe somos.Son tempos de compartir un sentimento especial, incluso de sentirnos un pouco mellores, con todos os que nos acompañan. Nunca foron mellores nin peores. Foron o que a sociedade de cada tempo, máis ricas ou menos ricas, celebrou e sentiu. Sentimentos, afectos e recursos, non se conxugan sempre da mesma maneira. Había máis do colectivo. De familia, máis de clan ou de tribo, que reforzaba unha vocación de pertenza a un grupo e a unha historia. Pero sempre foi un puzzle de emocións e de sorpresas, brillando nos nosos ollos de nenos, onde todo era inmenso e onde nunca daban chegado os reis...Tempos feridos de todo o que, dende nenos, gardamos no cofre de tesouros desa memoria de afectos, no que nos convertemos.
Tamén é tempo de ferida, onde sentimos fondamente aos nosos. Aos que compartiron camiño e vivencias con nós. Aos que tanto queremos e tanto lles debemos, e que serán para sempre importantes e inesquecibles. Sempre están no noso corazón, nas nosas emocións, e en cada unha das estrelas que iluminan os ceos de Nadal.

 

 

Dos tempos de Nadal

Te puede interesar