Dos necesarios acordos

De verdade imos seguir moito tempo máis cos mesmos recursos dialécticos, do modelo estandarizado de falta moita autocrítica -din uns- ou sobra moi mala intención -din outros- dependendo do lado da mesa no que estea cada un? Algúns grupos da oposición exercen maior mestría e habilidade no manexo e difusión de bulos, que na interrelación co Goberno para poñerse a colaborar en resolver problemas. Hai que cortar eses circuítos de reforzamento continuo, que alimenta na sociedade certos discursos do odio. É evidente que nas xestións de grandes pandemias como a que estamos sufrindo, hai carencias, desacertos e dúbidas. Ningún goberno do mundo estaba preparado para semellante cousa. Pero dita esta obviedade, evidente, básica e que cae de caixón, non podemos esquecer o evidente: que todxs somos necesarixs. E  no caso do maior partido da oposición, incluso imprescindibles. É un puro exercicio de responsabilidade. Non é imaxinable nin admisible, que o PP poida quedarse fóra dun marco de traballo para afrontar o que vai vir. Por moita imposición da FAES de Aznar que teña, non é momento para experimentos. Toda a sociedade sabe que unha gran crise económica nos espera fóra da pandemia. E para iso o esforzo colectivo de reconstrución, é non só necesario, senón imprescindible. Colaborar dende a discrepancia é un exercicio de intelixencia. Aportar ideas, apoio e confianza de cara a reforzar a nosa economía para loitar en mellores condicións, sería  un exercicio real de patriotismo. Calquera outro posicionamento,  que precise ser explicado, ou que dea a sensación de querer pasar de perfil ante esta difícil situación, soará sempre fracaso e a escusas de mal pagador. 

Gardamos vellos tempos en afectos recentes –dixo El– construímos cidades que comparten con nós a vocación de océano e a lección aprendida da tenrura. Sentimos a harmonía conmovida da serenidade de lámpada das vidas compartidas...

Dos necesarios acordos

Te puede interesar