Do que en verdade importa

Ás veces esquecemos que a vida ten os seus propios límites, as súas propias fronteiras. E que circula por direccións distintas ao que nós, podemos controlar e decidir. O factor sorpresa, é unha variable non menor, que condiciona o presente e o futuro. Moi poucas cousas suceden co noso permiso. A vida fala nunha linguaxe diferente a que nós manexamos. Inintelixible na meirande parte das ocasións. Algunhas, afortunadamente coincidente. Descoñecemos as fórmulas coas que funciona a vida. 
Por iso, tantas veces, acabamos asumindo a sorpresa daquelas cousas, que nos causan impactos emocionais poderosos. Cando unha ferida, unha incidencia, ou un accidente inesperado esperta os nosos sentidos, descubrimos unha realidade diferente que ten moito que ver, coa fraxilidade e a vulnerabilidade que nos define. Entón, revisamos a escala de valores. Descubrimos que non todo o que nos importa, é realmente importante. Poucas cosas das que nos irritan, son realmente tan graves. Podemos vivir perfectamente, coa maioría daquelas cousas que dicimos odiar. Seguen sendo os clásicos Eros e Thanatos, os que marcan as nosas vidas. 
Dende o principio dos tempos, o Amor e maila Morte, son as materias principais, da nosa existencia. Ás veces por exceso, ás veces por defecto. A amizade é o Amor son regalos dos deuses. Compartir ilusións, afectos, e deseñar camiños, máis ou menos paralelos, agardando a complicidade dos puntos perpendiculares, son daquelas cousas que inxectarán felicidade ou amargura nos corazóns. Vivimos tan só un instante na vida do universo. Obviamos o sinxelo, o feito  de compartir sorrisos, ou de navegar no seus ollos. Perdemos a perspectiva por cantos de serea. Amar e ser amado, esa é a única eternidade plena. 

Do que en verdade importa

Te puede interesar