Do inadmisible

Durante todo este tempo de confinamento que levamos, a sociedade española está demostrando un elevado grao de civismo, e un respecto admirable ás medidas e ós sacrificios que dende o Goberno se lle está a esixir. Estamos (re)descubrindo a solidariedade e a rede de apoio e axuda, que a nosa sociedade crea e reforza cando o reto a afrontar é duro e importante. 

A sociedade cumpre coas súa parte. Cada día asistimos a partes de evolución da pandemia. Comprobamos os descensos dos contaxios e lamentamos os mortos que, tristemente, temos cada día. Poñemos a esperanza nos datos positivos e no aplanamento da curva de afectadxs. Pero cada día constatamos tamén que hai cousas e actitudes que son inadmisibles. Entendemos e compartimos as palabras de Sánchez de que non vai perder un segundo, nin un gramo da súa enerxía en defenderse, o importante agora é vencer á pandemia. Pero hai límites e manipulacións que non son de recibo. Quedou ben claro que o PP e Vox ,singularmente, o único interese que teñen neste tema é desgastar ao goberno. Utilizan todo tipo de artillería e presionan por todas as frontes. Atacan e menosprezan todas as medidas adoptadas e reclaman outras que, unha vez que están en vigor, rexeitan iradamente. Menten sen rubor nin arrepentimento e utilizan palabras grosas e acusacións rotundamente falsas. Colaboran magnificando os erros, e fomentan a difusión de bulos, negan as medidas de recortes da sanidade pública que practicaron e buscan culpables en lugar de ofrecer unidade e axuda. Nunca foron especialmente leais, pero agora semellan kamikazes. Ás veces hai actitudes irresponsables que resultan máis perigosas que moitos males.

Aprendín a convivir coas ausencias –dixo El– asistir á desaparición das rutinas e as horas, e a agardar a luz que ilumina o fondo dos teus ollos. Descubrín que os baleiros e as tenruras, viven en  ceos propios...

Do inadmisible

Te puede interesar