De silencios e xustizas

 

Comparto co meu amigo Xosé A. Perozo o afortunado cualificativo de “silencio alimenticio” que utilizou para definir unha época e un silencio de pedra, dunha gran parte da sociedade española durante a ditadura franquista. Foi un tempo onde todo ía no sentido contrario á realidade e á verdade. 
Os golpistas eran considerados os bos e os que defenderon o réxime legalmente constituído e a democracia foron condenados por rebeldía e moitos deles condenados a morte. Se lles deron prebendas, títulos, medallas e regalías aos que incumpriron leis e xuramentos de lealdade, e impuxeron os seus credos pola forza das armas e das represalias. 
Agora o Goberno adoptou unha resolución que puxo fin a unha inxustiza histórica. En cumprimento da Lei de Memoria Histórica do presidente Zapatero, que tiven a oportunidade de vivir, debater e orgullosamente aprobar, o enterramento en mausoleo pseudofaraónico que nunca tivo sentido nin xustificación histórica e moito menos de xustiza toca ao seu fin. 
É certo que hai quen se opón e considera que nin houbo golpe de Estado, nin fusilamentos nin abusos. Pero sempre haberá minorías que defenden criterios diferentes, uns porque lles foi moi ben baixo ese paraugas protector e outros, porque foron arte e parte do proceso e incluso, haberá nostálxicos dunhas formas, privilexios e dun status acadado sen capacidade nin mérito. 
Xa saben que tamén hai quen nega o holocausto, a evolución das especies e a chegada á lúa. Que haxa cidadáns que se opoñan a unha medida non implica que teñan razón e moito menos que a decisión non sexa xusta, oportuna e necesaria.  
Ti es pura emoción –dixo El–  un memorial de afectos detallado, unha caricia íntima de mares coñecidos e sentidos... En ti, habitan os versos máis feridos...

De silencios e xustizas

Te puede interesar