De facer historia

stamos afeitos a vivir situacións anómalas. Moitas veces as anomalías constituíron un caldo de cultivo do que saíron colleitas positivas. Pero a obsesión continuada de Torra –unha anomalía de manual–por acadar uns obxectivos políticos fóra da legalidade e ao custe que sexa, son o punto e seguido dunha situación, que ten a unha parte da cidadanía radicalmente enfrontada coa outra metade.

Poucas veces temos a oportunidade de ser testemuñas de acontecementos históricos. Poucas veces podemos dicir que finalmente, puido facerse xustiza e que as cousas encaixan felizmente no seu sitio. Para min dous elementos tiveron unha forza innegable no conxunto das imaxes: o silencio total acompañado dunha inmensa soidade, e a pedra gris e rotunda que copaba cada esquina e cada espazo. Como sucede nas grandes ironías, que paralelismo de xustiza poética con aquel silencio de pedra de Celso Emilio Ferreiro. Pero tamén houbo impactos poderosos, coma o da solemne dignidade do Estado e da Democracia representado pola Ministra de Xustiza, cunha sobriedade e unha serenidade que só teñen aqueles que están en nome da Lei e da Xustiza. E no nome do pobo. A dignidade coa que acompañou o seu papel de Notaria Maior do Reino, contrastou vivamente co protagonismo soberbio, arrogante e mal entendido, daqueles que pensan que se lles debe algo, cando son eles os que pertencen ao grupo que tomaron sen permiso a liberdade e a vida dunha sociedade enteira. Unha anomalía histórica que foi resolta tarde, certamente, pero realizada cando unha sociedade madura entende, comparte e asiste con normalidade a poñer a historia no seu sitio. Tamén houbo sorpresas. Como as declaracións de Pablo Iglesias, desafortunadas e sen sentido nin da oportunidade nin do decoro. Unha ocasión máis que perde de demostrar coherencia. Son as cousas, cada día máis de colmillo retorcido, daquel que se considera a si mesmo, a esquerda máis esquerda de todas as esquerdas.

Ás veces sabemos do sur polas bandadas de gansos que abandonan o outono -dixo El- ás veces pola dor de agulla que a nostalxia deixa nos sentidos, ou polos soños que nunca espertarán... sempre porque sentirte deixa os invernos atrás, e habilita febres e quenturas...

De facer historia

Te puede interesar