Sábado 17.11.2018

De cambios e permanencias

estamos no conto de nunca acabar. Volvemos a aquilo de Lampedusa

estamos no conto de nunca acabar. Volvemos a aquilo de Lampedusa de cambialo todo para que nada cambie. Haberá finalmente sesión de investidura en Cataluña, pero a sensación de forte provisionalidade que desprende esta nova designación evidencia que estamos moi lonxe de acadar unha solución definitiva ao problema.
Apagar lumes con máis gasolina non é a mellor maneira de asentar bases sólidas de entendemento e diálogo. Non se pode poñer ao lobo a coidar de carapuchiña vermella. E menos agardar que cambie o final do conto. Xuntouse a fame coas gañas de comer.
Puigdemont precisa dun leal incondicional, de alguén que lle garde o despacho sen retirar a placa co seu nome na porta, mentres non se produce o seu soñado regreso triunfal. E precisa o perfil dun entregado á causa o suficientemente radicalizado (con demostrable folla de servizos) que nin discuta ordes, nin plantexe pola súa conta novas estratexias. E deu o mar contra as pedras novamente.
Quim Torra é ese home. Pertence ao círculo de confianza máis estreito do expresident e entre os seus maiores “méritos” figuran o de ser un populista cun marcado radicalismo antiespañol e un activista en Twitter con frases xenófobas desafortunadas. E na súa carta de presentación insiste en seguir avanzando no proceso constituínte. A xestión dos tempos e a ordenación do prioritario e do secundario virán dende Berlín por mensaxeiro. Haberá quen diga aquilo de mel sobre hojuelas, pero outros dirán que para esta viaxe non facían falla tanta alforxa.
Ti es xenial –díxolle Ela– e non sei por que sempre se che esquece que tes a maxia que borra os malos días, a palabra que calma, e o bico preciso e doce para cada ferida...

De cambios e permanencias
Comentarios