Das percepcións

Apesar do que se empeñan en amosar as estatísticas, algúns pretenden vendernos que vivimos como mariscais de campo, con mando en praza. Desgraciadamente, asistimos cada día a acontecementos que deixan o ánimo suspendido no fío da navalla. Hai cousas que dependen da altura dende a que se estenda a mirada. Pero tamén hai datos inequivocamente obxectivos.
Os azotes incesantes da perda de emprego, a pesar da enxeñería contable que fan os censos oficiais, non dan tregua a unha sociedade moi debilitada. Os contratos novos que son máis precarios aínda que os contratos que se perderon, que xa eran precarios. Os salarios cada vez más reducidos, fronte a unha cada vez menor, capacidade de resposta social. Temos hoxe unha clase media, que veu reducida amplamente o seu espazo, e as súas características de colchón amortiguador das tensións sociais. Non somos máis mas fortes, nin estamos mellor. Tampouco houbo esa recuperación económica que anuncian os titulares de prensa en época electoral.
Non vivimos por riba das nosas posibilidades, pero demasiada xente sofre como nunca por culpa dos recortes, e da eliminación das políticas sociais, un auténtico balón de osíxeno para moitas familias. Hoxe somos máis débiles. A percepción da meirande parte da sociedade sobre a realidade, é negativa. E unha porcentaxe ampla de pais, xa están convencidos de que os seus fillos, vivirán peor do que viviron eles. Medran as tensións, e seguen as mesmas tristes novas das mortes no Mediterráneo. Nos últimos meses, máis de 400 menores morreron neste mar de cultura, que hoxe é case sinónimo de fronteira e cemiterio. Máis alá das interesadas percepcións, por favor, que actúe dunha vez a Política.

Das percepcións

Te puede interesar