Das manipulacións e as urxencias

Asistimos a unha ofensiva desesperada de certos medios e partidos, para desacreditar coma sexa ao Presidente Sánchez. Cuestionando tanto a súa Tese de Doutoramento, coma os contidos, as referencias, e a composición do Tribunal. 
Un esforzo inútil porque hai Tese, está avaliada e publicada e superou os programas de detección de plaxios e copias.  Unha páxina máis desas manobras orquestrais na escuridade, para manchar sen razón nin xustiza, o nome e o prestixio dunha persoa a calquera prezo. 
Sabemos que a información ten ideoloxía. E que a forma de contar e montar os titulares, busca facer sangue a maior beneficio dos que moven os fíos deses grupos mediáticos e económicos. Xusto os que están detrás das novas que definen e ocupan as portadas e os prime time das axencias de noticias. Para ABC, OKDiario e Mundo, foi un plantexamento de caza maior. Con munición de alto calibre, e  de tal magnitude, que causou na meirande parte da cidadanía o efecto contrario ao pretendido. Pero teñen compromisos e moita presa. 
Algúns partidos, uns  por perda de poder e liderado (Casado xa nin conta) e o de Rivera, antes neno prodixio e agora último da fila, conscientes de non ser alternativa, deixan a luva de seda e emprega a pala escavadora. Comparten a urxencia e a radicalización. E temen que Sánchez cumpra co prometido e pretenden evitar a toda costa, que falemos dos logros do goberno. Pasáronse de rosca. É sabido que nin tanto arre que fuxa, nin tanto xo que se deite. Rectificar é  cousa de sabios. Mentir a sabendas, un delito. 
Sen ti –díxolle El con melura–nunca me saen as contas. Todo navega igual, é certo, pero máis debilmente... As túas ausencias, son balcóns feridos sen fiestras nin luces nos invernos...  
 

Das manipulacións e as urxencias

Te puede interesar