Das groserías de Trump

rump volve a pasearse polo mundo coma se fora del. Cunha actitude desprezativa mesturada con arrogancia e un xesto revenido, coma de cheiro a cocido, permanentemente fixado no seu rostro, que indica a súa superioridade imperial.
Definitivamente non vai a mellor. Ao contrario. Nin os reveses xudiciais que lle obrigan a reagrupar aos menores inmigrantes coas tsúas familias, nin o feito de ter a peor valoración dun Presidente dos EEUU en menos tempo, fan que modifique as súas formas.
As constantes sobreactuacións presionando a Merkel e acusando a Alemania de connivencia con Rusia, ou mesmo a maneira de esixir a tod@s os dirixentes aliados o incremento das aportacións para a OTAN, superan o que eufemisticamente podemos chamar falla de tacto, para evidenciar que a Trump fáltalle, cando menos, un par de fervores.
O Parlamento inglés cualificouno de groseiro. Seguro que na intimidade, coma o popular Casado cando fala galego, caéronlle as de San Quintín. Pero a diplomacia é o que ten, e hai que dicir sen dicir e lendo entre liñas. Ter a ousadía ou a inconsciencia de cualificar aos Presidentes de Goberno dun país aliado e ademais, cos que lle unen fortes lazos culturais e de historia compartida, propoñendo a outro coma Primeiro Ministro, é moito máis que un atrevemento, é unha inxerencia inaceptable, un acto de irresponsabilidade maiúscula. Agora, unha vez tirada a pedra, pretende agochar a man. Culpa ás fake news de terxiversar as cousas... É a constatación de que Trump, non serve para isto.
A nostalxia é a ferida onde vive o poeta –dixo El– pero ti es a tenrura que estende a paixón da febre e do contaxio. Nunca haberá destinos, viaxes, nin soños, se non estás ti, comigo...

Das groserías de Trump

Te puede interesar