Das frases con sentido

A Política está enferma. O Papa Francisco proclama dende Perú, unha das frases máis sinxelas, pero tamén de maior contundencia.

A Política está enferma. O Papa Francisco proclama dende Perú, unha das frases máis sinxelas, pero tamén de maior contundencia. Un berro que resume claramente o que está a pasar, e denuncia o que as sociedades están sufrindo. 
Hai males diversos que agravan a ferida, e evidencian unha sintomatoloxía clara, formada por corrupción, abusos e inxustizas. Males que configuran unha sociedade, onde uns poucos dispoñen sen rubor, e ao seu antollo, do de todos. A receita máis elemental, pasa por controis eficaces de todo tipo, e mais democracia, transparencia e participación. Resumindo, que é unha enfermidade doada de diagnosticar, pero difícil de resolver. 
A Política fora dende sempre, a arte de facer felices aos pobos. Máis nalgún momento, deixou as musas e os teatros, e algunhas persoas e partidos pasaron dos ideais revolucionarios e transformadores, a un pragmatismo utilitarista de beneficio propio, e de mirada curta. Dende a febre inicial, expándese o contaxio coma unha marea ampla, que todo o contamina.   Chegar así a constatar a existencia das tramas mafiosas, dos contratos amañados, os  3% e demais mordidas, foi un final anunciado. A viaxe do Papa polos países Sur, non agocha, nin disimula, unha realidade dual e brutal. 
Unha brecha poderosa que, tanto no económico coma no social, fende aos países en dúas metade amplamente desiguais, e fala de distancias astronómicas entre as clases, destas sociedades, endemicamente febles. O Papa Francisco fala coa sabedoría de quen coñece o percal. Pero tamén, coa desilusión dos que xa van cansos, de loitas imposibles.
Sabes? díxolle El abrazándoa – dóeme todo o tempo que vivín sen ti. Teño a sensación de ter moita vida perdida... Descoñecerte –respondeu Ela– foi tan só aprendizaxe para sentirte máis... e mellor.