Das formas

Hai extensos tratados centrados na importancia do saber gañar. Pero a base fundamental para garantir unha convivencia democrática normalizada, é saber perder.  Saber gardar as formas e estar á altura das circunstancias é unha das habilidades que habería que esixirlle a todxs xs que participan da vida pública. Non podemos desacreditar os procesos e poñer en cuestión os procedementos e os recontos, porque nos vaia mal nos resultados. Non se pode radicalizar á cidadanía, nin lanzar mensaxes veladas que chaman á confrontación e a sementar odio, porque iso é un exercicio dunha inmensa irresponsabilidade. A Trump fáltanlle moitos fervores, certamente, pero sobre todo sóbralle esa prepotencia tan brutal que fai del un personaxe odioso e rexeitable. Un político que fai da súa ignorancia, descoñecemento dos protocolos, das prácticas machistas e da falta de respecto internacional, os guións da súa acción política. Pero case a metade dos norteamericanos apostaron por el. Dende Europa temos unha visión condicionada do personaxe polos nosos valores e isto probablemente fai que equivoquemos a perspectiva. Facemos categoría da anécdota e por iso pensabamos que Biden gañaría sen baixarse do autobús. Pero non é así. Quizás esa fora a primeira sorpresa. Deberamos pensar que quizás falamos demasiado alegremente, obviando a unha sociedade que comparte con el moitos principios. Os valores que representa son recoñecibles para os conservadores, tradicionalistas, xs que defenden o uso das armas e da superioridade branca, e que rexeitan calquera forma de intervención do Estado nas súa vidas. Sorprende que Trump obteña máis apoios que no 2016. Pero o importante para o mundo, a Historia e para os propios Norteamericanos, é que Biden gañou e sinaloulle a Trump a porta de saída.

Colecciono palabras que abrillanten a cor da túa tenrura -dixo El- seixos brancos, ceos altos e mares en repouso. Colecciono madeiras de texturas diversas onde tallar a modo o teu sorriso...

Das formas

Te puede interesar