Viernes 15.02.2019

Das despedidas tristes

Finalmente as pezas encaixaron. E o que antes fora imposible

Finalmente as pezas encaixaron. E o que antes fora imposible, quedou definitivamente resolto. Unha triste confirmación do que xa se intuía, que Diana Quer fora asasinada.
Un éxito policial do que debemos felicitarnos. Pero máis difícil vai resultar esquecer o escarnio innecesario que condicionou este caso. A cantidade de opinións morbosas, as mentiras inventadas e as infamias que esta familia, que sufría pola desaparición da súa filla, tivo que soportar. Os pais, pola súa situación de divorciados, e polos conflitos da custodia, pero tamén á propia Diana por como vestía, ou se ía ou non de festa, ou tiña amigos.
Non facía nada diferente do que fan en todas partes, os [email protected] da súa idade. Houbo moito falabarato. Tertulianos, opinadores, bocachanclas e veciños que, curiosamente, pensan que a mala xente, son sempre doutros pobos e cidades. Aquí todos lle somos boa xente, din cun convencemento tan ridículo coma falso. Que o peso da lei caía sobre os culpables e a familia teña o descanso que as certezas proporcionan. E para moitos, que saiban da responsabilidade nas que poden incorrer polas opinións que verten.
Hai outras despedidas, menores pero decepcionantes, como a de Pérez Tapia. Unha cabeza ben amoblada, que chegou co PSOE a altos postos de responsabilidade. Pero hoxe, por diversas discrepancias, abandona o barco con prensa e con micrófonos, multiplicando así o dano ás siglas que lle deron oportunidade e liderado. Faltoulle elegancia.
Semella que o novo destino será o partido de Gaspar Llamazares e Baltasar Garzón. Todo é gris, e a melancolía ameaza os sentidos –dixo Ela- e a choiva incrementa, innecesariamente, a condutividade da tristura. Nada é máis gris que a túa ausencia –dixo El– nin máis alegre que respirar contigo.

Das despedidas tristes
Comentarios