Das crises superadas

Case por Decreto, pero declararon oficialmente, que a crise foi finalmente derrotada. Xa non hai crise por ditame da UE. Unha especie de Faise  Saber, con parafernalias e trompetas, para xeral coñecemento da cidadanía. 
Da igual que o que vostede perciba no seu propio entorno, non coincida cos felices augurios anunciados. Ou tamén que as consecuencias de 10 anos de penalidades, perdas de poder adquisitivo, empregos precarios, menores salarios, e o nacemento diso que se deu en chamar “traballadores pobres”, sigan debuxando a realidade de milleiros de familias do noso pais. 
Non importa que todo o perdido nestes anos, ese incremento das desigualdades, do subemprego, ou da xenofobia, que foi xerando a crise -o que Diego López Garrido  denomina como Idade do Xeo no seu novo libro- non sexa tan só unha situación transitoria, se non a constatación da chegada dunha dura realidade, e dunha convivencia de moita peor calidade que, ademais chegou para quedarse. Agora é preciso revalorizar o papel do Estado, e a súa capacidade para transformar e recuperar, dende a Política, a unha sociedade ferida e debilitada. Asistimos con preocupación, ao nacemento doutra crise, dun movemento que ten ao teórico exceso de turismo, como obxectivo das súas accións. 
Os gobernos deben controlar, graduar e lexislar contra abusos, excesos e ofertas ilegais de aloxamentos. A regulación é necesaria, pero en ningún caso a súa responsabilidade, por acción ou inacción, pode ser substituída por movementos, asociacións ou grupos que puideran engadir maiores tensións a este problema, tendo en conta que ademais o Turismo interesa, e moito. 
Por certo, nada me motivaría mais que viaxar  xuntos lonxe e sen horarios.  Sabes? Bali  contigo, debe de ser fantástico nesta época do ano...
 

Das crises superadas

Te puede interesar