Das anomalías

Estamos afeitos a vivir situacións anómalas. Moitas veces as anomalías constituíron un caldo de cultivo do que saíron colleitas positivas. Pero a obsesión continuada de Torra –unha anomalía de manual–por acadar uns obxectivos políticos fóra da legalidade e ao custe que sexa, son o punto e seguido dunha situación, que ten a unha parte da cidadanía radicalmente enfrontada coa outra metade. 

E ademais, cunha tensión incrementada pola desconfianza, a incerteza e a sensación crecente de vivir nunha permanente improvisación. Ás veces é certo que temos políticos que non nos merecemos. Ou seguramente si, xa que son consecuencia directa das nosas libres decisións electorais. A imposición duns criterios persoais por riba do legal e a belixerancia, forzada e inxustificada, contra as Institucións e os poderes do estado de dereito, provocan decisións anómalas que sumadas ás posturas deliberadamente ambiguas, provocan graves danos na convivencia e nos dereitos da cidadanía. Temos unha Cataluña absolutamente bloqueada e paralizada pola aluminosis do seu Govern, que lle resta credibilidade e perda de posición económica global. E ao conxunto de España e de Europa tratando de entender o discurso bipolar dun dirixente e activista a tempo parcial, onde ás veces é Jekyll e outras veces é Hyde. 

Non é xustificable que bote balóns fóra –a culpa é dos infiltrados– nin máis gasolina ao lume -co seu apoio explícito aos CDR- nin que se escuse en males imaxinarios ou supostos para vender falsos pacifismos, moderación e seny, e moito menos que volva a anunciar, unilateralmente e por sorpresa, un novo referendum. Afortunadamente, pola Historia sabemos que tamén as anomalías, sucedan onde sucedan, teñen data de caducidade. 

Saberte é unha cidade íntima de pontes, avenidas, parques con flores e voces felices –dixo El– un peirao con  veleiros e un inverno habitado pola maxia sinxela de sentirte...

Das anomalías

Te puede interesar