Da urxencia excesiva

Que as presas son malas conselleiras, é algo sabido dende que o mundo é mundo. Pero que unha vez pasado o medo, todo o mundo presume de valentía e arroxo, tamén é un feito incuestionable. Asistimos a unha cerimonia de urxencias excesivas que poden resultar perigosas. Todo o mundo ten presa de repente, e empezan a sacudirse o confinamento e as medidas preventivas, como se tiveran algún efecto pernicioso ou secundario. É certo que os que negaron a maior, ten a súa lóxica que segan empeñados en facer a puñeta o tempo que sexa. 

Tamén que aqueles que aproveitaron que o Sar pasa por Santiago para atacar ao goberno, estean ahora no totum revolutum por ver se lles cae algo nas súas baleiras redes. Pero as urxencias son  bombas de reloxería. O arquivo da causa contra o Delegado do Goberno de Madrid pola autorización do 8M é paradigmático. Non había caso, pero quixeron acusar e sinalar ao feminismo e, con moita presa, condenalo. E estoupoulles nas mans. O funcionamento da economía é fundamental, pero a saúde é básica para poder xestionar a economía. É urxente esgotar as fases de 15 días só en 7? É preciso espremer a esixencia de aperturas de fronteiras, sen unha previa homologación de situación sanitaria similar entre países? As urxencias conducen a erros derivados da falta de perspectiva e dunha análise axeitada. Acertaremos se reducimos as ratio de alumnxs por aula. Ou se reforzamos en persoal e servizos os centros de atención primaria. Pero semella que isto deberá esperar, porque non ten a urxencia requirida. Recaeremos se esquecemos que a prudencia, sempre foi a mellor aliada da seguridade.

Aprender a vivirte foi un soño fermoso -dixo El- de construír sen urxencia paisaxes e destinos, sen manuais de uso, alarmas e artificios. Vivirte ten a maxia das viaxes longas e os versos transparentes de sentirte...

Da urxencia excesiva

Te puede interesar