Da responsabilidade

Hai tempos nos que determinados conceptos, empezan a facerse multiusos. E tanto valen para un roto, como para un descosido. Non é cuestión do seu valor intrínseco, se non de todo aquilo que pode aportar, se a usamos como arma arrodaxiza. Canta maior sexa a capacidade de impacto e de ferida a causar, máis valor terá para aqueles que confunden o debate das ideas, coa neta contundencia de aquilo de gañar ao prezo que sexa. Un destes conceptos é precisamente o da Responsabilidade.
Sempre moi manido, pero nada respectado e moito menos aplicado. Iso si, entra sempre nos niveis de esixencia aos demais. As maiorías pídenllo ás minorías. As minorías aos que teñen que formar os novos equipos. Os que gañan esíxenlla aos que perden. E os que perden, apelan á responsabilidade dos vencedores, para contar con eles como exemplo de integración e unidade. Aquí é onde lembramos o slogan de Hillary Clinton, para esta campaña electoral ( léase Hilaria segundo tradución de Celia Villalobos) “Xuntos máis fortes”. E non pode un máis que lembrar, nos nosos partidos e na nosa esquerda, tempos manifestamente mellores. Nunca un termo foi máis utilizado na actual Política española. Iso si, os que non negocian esíxenllo aos que agardan posición e postura. Sempre houbo un moito dun mundo ao revés nestas cousas. Tamén no capítulo de elaboración de listas pasa o que pasa. Uns, acordan alianzas estratéxicas, e impoñen listas a unha nova maioría política que, no uso regulamentario das súas atribucións, practicas as modificacións que considera oportunas. E uns, pídenlle aos outros , a mesma responsabilidade que eles non aplican. Xa saben vostedes, é o de vivo sen vivir en min...

Da responsabilidade

Te puede interesar