Da lesiva indiferencia

as veces non é doado conciliar os días felices do verán, eses que enchen os nosos sentidos de emocións e ledicia, coas novas dramáticas que invariablemente contemplamos cada día. Parecera que suceden noutro planeta. Asistimos de lonxe ás cousas. Coma espectadores involuntarios que, tras dunha fráxil pero cómoda pantalla de cristal, deixamos que sucedan as cousas que nos escandalizan. Somos actores da nosa propia existencia.
E sen embargo, permitimos que calquera director de moi escasas luces, criterio e relevancia dirixa o colectivo, o que é de tod@s. Protestamos nos bares, pero non reflexionamos cando creamos maiorías de goberno. Italia está virando a ser exemplo dun vello modelo trasnoitado de superioridades e defensores de razas ideais con movementos xenófobos. É un modelo triste dunha sociedade que dista moita dos ideais de solidariedade, de xustiza e de cooperación que fixeron grande ao vello continente.
Europa é unha diversidade que debe seguir mantendo a idiosincrasia de cada comunidade, pero ten que lexislar obrigatoriamente igual temas que afectan por igual e que deben obrigar a todos por igual. Non se pode permitir que patrulleiras libias, maltesas ou italianas non recollan migrantes nas súas augas. Non poden morrer seres humanos por impedir ás ONG que fagan as funcións que lles dan sentido e nome. Non poden morrer meniños mentres a meirande parte de Europa está de veraneo e asiste impertérrito a este drama, mentres observan o mar azul e baixan unha caña cunha tapa de olivas, e comentan con desgana o mal que está o mundo.
Sen ti son menos doces as praias e as estrelas –díxolle El–contigo sempre resolvo a ecuación de ser e sentir eterno o bico elemental, e o abrazo que salva...contigo a felicidade, tende sempre a infinito...

Da lesiva indiferencia

Te puede interesar