Da discreción dos grandes

emprano levantó la muerte el vuelo/ temprano madrugó la madrugada... os verso de Miguel Hernández expresan perfectamente o impacto da sorpresa pola morte de Alfredo Pérez Rubalcaba. Os que tivemos a sorte de telo tratado máis en profundidade, sentimos a dor e o desconcerto da súa familia e de toda a familia socialista. 
Rubalcaba é un referente do cambio político dende os anos 80. Sempre foi un home grande; un político de altura que estivo, dende diversos cargos ministeriais, en todos os procesos que transformaron e modernizaron este país. Dende as leis educativas, na loita contra o terrorismo, a quen xunto co presidente Zapatero acabou derrotando, ata a Vicepresidencia dun goberno no delicado e difícil momento da crise, sempre estivo ás duras e ás maduras, dando a cara. 
A súa valía política, claridade de discurso e oratoria doctoral, fixeron del o branco preferido duns rivais políticos que vían nel a man habilidosa que sempre mece o berce de todo o que acontece. 
Hábil negociador e discreto no persoal, foi un orador brillante, certeiro, de estocada elegante pero letal e ironía afiada, que ten asinado das mellores intervencións na tribuna do Congreso dos Deputados. Tan só sufría e desfrutaba enormemente co seu Real Madrid. Excelente negociador que adicaba tempo, argumentos e paciencia a conquistar as posicións do rival, non por acoso e derribo, senón pola forza da razón e do debate. 
Frugal, discreto, sinxelo e exemplar. Precisaba de pouco, pero facía que todo tivera a solemnidade adecuada para darlle altura a todo o que importaba. Tiña a habilidade de facerte sentir importante. Sabía escoitar e soubo apartarse sen ruído as súas clases, despois de ter sido todo no PSOE. Que a terra che sexa, Alfredo, compañeiro da alma, compañeiro, fala leve...

Da discreción dos grandes

Te puede interesar