DE CUBA E OUTROS MENESTERES

Pedro Sánchez está de noraboa. Superou o debate do estado da nación cun notable alto. Fronte a un Mariano Rajoy pagado de si mesmo, convencido de ser o “máis mellor”, Sánchez aplicou sentido, criterio e ideoloxía. Ten maneiras e estilo; ese saber estar á altura das circunstancias sen insultar, sen desprezar e coa humildade elemental que caracteriza aos grandes. Cando quere ser campechano, Mariano perde os papeis. E comete insultos non forzados, faltas que implican expulsión directa, sen necesidade algunha.
O certo, é que Pedro Sánchez desactivou varias minas de gran potencia. Primeiro a dos propios. As peores, as de maior esixencia, sobre todo despois de todo o asunto de Tomás Gómez e Madrid; definitivamente ben pechado cun Ángel Gabilondo con fondo e con discurso.
Despois, a do propio debate contra un presidente do Goberno que, a pesar de tantos anos de oficio, cre ao cento por cento, no que din as estatísticas dos seus propios ministerios. E tamén, o non menos importante: a batalla da opinión pública. A que escoita e deixa de facer calquera cousa, ante a credibilidade que percibe nas palabras, actitudes e xestos de Pedro Sánchez. Ao PP, as cousas non lle foron ben. E por iso recorreu a culpar a José Luis Rodríguez Zapatero por ir a Cuba con Miguel Ángel Moratinos, a verse con Raúl Castro.
É dicir, apagar unha noticia mala, Rajoy non estivo á altura de Sánchez, con outra. Pero era unha viaxe informada. Polo que a reacción de José Manuel García-Margallo (a quen Castro non recibe), é desproporcionada. O preocupante, non é a viaxe, se non que España renuncie ao seu papel de ser o interlocutor de Cuba co mundo. Un erro de colosais dimensións. De presente e de futuro. Un erro histórico.

DE CUBA E OUTROS MENESTERES

Te puede interesar