DE CAMIÑOS E PEDRAS

Os camiños sempre foron importantes. En tempos, levaban a Roma, e séculos despois, a Compostela. Tan só no Nadal, o camiño levaba a Belén.  Ademais teñen a condición de ser de ida ou de volta, e nunca sabemos ben quen chega ou só está de paso. Pero os camiños que levan aos gobernos,  son máis que tortos retortos, e con pendentes de ramplas pronunciadas.
Longos, que nunca rematan e fondos, como os que cantara o gran Cabanillas. Hai quen di, que  os camiños convén  empezalos a andar moi cedo, para que cando aperten as dificultades, e asomen os problemas, xa teñamos a meta á vista.
Pero hai moitos correcamiños que non acaban de irse nunca. Que nin con acuse de recibo, entenden que o seu tempo xa é historia. Outros, que están sen estar neles. Tamén destacan os que lle gusta máis un micrófono, que un cuadro de Picasso a un coleccionista de arte.
E por último, pero non menos importante, os amantes das conspiracións, e os manexa fíos na sombra, que pensan que as organizacións, e os partidos, son deles cando teñen responsabilidades orgánicas, e tamén cando non as teñen.
No PSOE caeron chuzos de punta, pero agora hai unha recuperación intelectual, emocional e de proxección electoral. Hai un esforzo de novos liderados e máis claridade e transparencia que nunca. Pedro Sánchez está no bo camiño. Que os que fabrican arañeiras, os conspiradores, e os que fan continuamente  tetrix para poder encaixar sempre, deixen libre o camiño.
Hai importantes retos que resolver: os enfermos de hepatite C sen mediciñas. O paro e a crise, superada só para uns poucos. Rajoy  recortou 1.400 millóns da dependencia. Demasiadas cousas. Menos pedras e máis camiño.

DE CAMIÑOS E PEDRAS

Te puede interesar