Semella que a formación dun goberno está bastante complicada
Hai un par de anos falaba eu dunha famosa frase do ministro Montoro
Seica o presidente galego menosprezou a outros dirixentes políticos, porque “nunca xestionaron un só euro público”.
Coido que o señor Feijóo non andou moi acertado nese intento de descualificar aos seus opositores, dando a entender que non saberían gobernar, porque, aínda que un importante sector dos seus seguidores puidesen estar de acordo con esa idea, tamén podería ser que moitos posibles votantes entenderan ese feito como unha garantía de honradez e pensarían: “Se non xestionaron un euro, quer dicir que aínda non roubaron. Moitos dos que xestionaron moreas de cartos, só miraron polo seu papo. Xa que logo, postos a escoller, cos novos temos unha posibilidade de que non nos rouben”.
De calquera xeito, coñecendo as habilidades políticas do “presi”, seguro que xa contaba con ese inconveniente e calculou que pagaba a pena atacar dese xeito. El ben sabe que a xente ten mala memoria, e chegadas as votacións, darán por boas as súas palabras. Xa se verá, non si?
Érache unha vez o presidente dun país chamado Maraña, que se atopaba nunha difícil situación por mor de numerosos casos de corrupción do seu Partido Político.
Dixo o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, que “España no se rompe”.