NON PASARON!

Como sempre, a algúns políticos cando hai eleccións ábreselle a boca dicindo que sempre gañan. Non sei se son masoquistas ou nos toman por paspáns, isto ven a conto das eleccións de Andalucía. Cómpre ter unha cara lavada para dicir os do PP que gañaron e os do PSOE que é un bo resultado, cando os primeiros perderon case 300.000 votantes e os segundos máis de 600.000. O único partido que gañou votantes foi IU, que pasou de 6 escanos a 12.

Agora esta coalición de esquerdas debe mostrar a súa madurez e facer unha política social, pero tamén económica, distinta das formuladas do nefasto neoliberalismo europeo, demostrar que hai outra forma de afrontar esta crise-estafa, que hai outras alternativas e facelo sentir na rúa. A pelota non está no tellado do PSOE nin do PP, atópase no tellado de IU, que ten que saber xogar as súas cartas sen ceder nin un ápice dos seus principios, desta maneira pódese comezar a trocar moitas cousas, en especial unha rexeneración da democracia que está baixo mínimos, o exemplo o temos na grande abstención que houbo.

Non encanto, teño que alegrarme polo fracaso do aparato propagandístico do PP, “mediático” e de enquisas; algúns “xornais” ata lles daban 60 deputados. É imposible facelo tan mal en tan pouco tempo, non se pode mentir tanto en catro meses. Os andaluces déronse conta que a reforma laboral do PP e os grandes empresarios é unha guillotina de cortar os nosos dereitos sociais. Como dicía Cayo Lara: ¡Non pasaron! Esquerda Unida parounos en Despeñaperros.

NON PASARON!

Te puede interesar