NON ENFERME, O PP NON LLO PERMITIRÁ

Nos países onde os paxaros se tiran ás escopetas, os gobernos acusan aos cidadáns do que eles non saben xestionar. Así, desmantelar a sanidade, según o PP, é culpa dos enfermos que enferman por amolar. Os pensionistas viven no médico porque non teñen nada mellor que facer. No caso da conselleira de Sanidade, esperpento valleinclanesco, a culpa é dos pensionistas porque “teñen almacéns de medicamentos nas casas”. Conclusión: benquerido cidadán non se poña enfermo, sexa patriota, se vostede pode pagalo Rajoy e o Goberno non queren.

En Galicia case a metade da poboación ten ingresos por debaixo dos 12.000 euros/ano, é dicir soldos entorno aos 800/900 euros. Co novo engano do PP, eses “ricos cidadáns” e tamén os pensionistas, deberán pagar por todo o que era gratuito: prótesis, sillas de rodas, muletas, fármacos e polo custe do transporte para acudir a quimioterapia, radioterapia, hemodiálisis e rehabilitación.

Pero non se lle ocorra estudiar, está metendo nun gasto tonto ao Goberno. Un dirixente popular dixo que agora todos queren ir á universidade… por iso as taxas subirán un 50%, as becas caen nun 20%; subirán a nota para ter dereito a beca; e queren reducir grupos e aumentar alumn@s por aula; repetir será máis caro; adeus ás novas tecnoloxías no ensino, e duro varapalo á investigación. Nos países onde os paxaros se tiran ás escopetas, a sociedade civil non existe e morren pola fe. Aquí temos información e criterio. Alerxia ao engano, e moita, moita memoria.

NON ENFERME, O PP NON LLO PERMITIRÁ

Te puede interesar