NINGUÉN FOI PARA PSdeG

Os que xa sabiamos que o BNG era un conglomerado de ideoloxías políticas que nadaban entre a esquerda máis soviética e o centro dereita, non nos estrañaba que a nave de madeira contrachapada naufragase un día ou outro. O que si me chama a atención e que agora, en plena saída, afloren entre a escuma das ondas aínda máis pensamentos políticos, cada cal máis peregrino, como se se retornase aos anos da democracia cristiá, que competía cos comunistas nas Europa precomunitaria.

Un celebérrimo ex rexedor deixa a formación porque, segundo el, descubriu agora que a fronte era marxista e leninista e controlada pola UPG de modo stalinista. Este ex afamado alcalde antes de irse tería que explicarlle, se é que o sabe, aos novos votantes do BNG, se é que os hai, quen viñan sendo os elementos que dan lugar a esas correntes políticas. O que lle debería recoñecer o agora ex militante ao grupo maioritario no Bloque e manter viva a momia de Lenin entre os galaicos, por motivos difíciles de entender.

Se intentar divulgar polo territorio galaico ideas revolucionarias era xa un disparate para xente propietaria e aforradora, pretender agora convencer ao corpo electoral de que son liberais e progresistas, parece tarefa case imposible e máis sabendo que dun bloco van saír miles de anacos que a lei da gravitación universal terá dificultade para fundir, malia a conseguir separase do núcleo.

O tan traído e levado agora polos escindidos de adaptar o discurso á nova realidade social autóctona leva á reflexión e á dúbida de preguntarse cal era a realidade na que vivían antes. Celso Emilio Ferreiro deuse conta desa visión cando viaxou a Venezuela e comprobou o espellismo da emigración e da vida no territorio galaico. Se iso aconteceu polos anos sesenta do século pasado, cando un ser galego só coñecía a súa vila ou aldea, algo do Reino pola viaxe camiño dun cuartel e Suíza, e una galega pouco máis mundo vía do que lle ensinaba o castromil, nos tempos actuais os nacionalistas perderon o tempo sen adaptarse e lanzar mensaxes novas.

O tan traído e levado agora polos escindidos de adaptar o discurso á realidade social autóctona leva á reflexión e á dúbida de preguntarse cal era a realidade na que vivían

Nas últimas semanas, os irmandiños de Beiras espallan ao seu pensamento (único) común polas aglomeracións de persoas do territorio, coa intención de acoller no seu seo aos descontentos da nave de Guillerme a marchas forzadas. Un deses elementos que mira con simpatía esa nova aventura reflexiona que van camiño de construír outra fronte como a que deixaron atrás, porque, segundo el, os futuros militantes continuarán coas súas siglas para edificar outro BNG, pero sen a UPG de comandante.

En todo caso, este especialista intestinal do nacionalismo da fronte considera que de momento todo vai sendo un éxito. O motivo di el é que ninguén dos rebeldes marchou para os socialistas, como aconteceu cos tránsfugas dos pasados anos oitenta , nin para os populares.

 

NINGUÉN FOI PARA PSdeG

Te puede interesar