LEJOS DE TI ESTA PRIMAVERA

Remexendo na librería atopei esta novela publicada eno 1944 baixo o seudónimo de Mary Westmacott, máis coñecida como Ágata Christie, co título orixinal de Absent in Spring. Non se trata de ningún crime como é normal na súa narrativa, é un estudo psicolóxico onde se pon de manifesto a personalidade e sensibilidade de tan prolífica e celebrada escritora.

Trata dunha muller, Joan Scudamore, corenta anos, inglesa da clase media alta que illada no deserto por unha serie de circunstancias, ten toda unha semana para profundar o que é a súa vida, a relación co seu home e cos seus fillos. Non conto máis, soamente dicir que fai propósito de emenda que, por suposto non cumpre cando chega de novo á súa casa e reencontrase coa cómoda rutina de sempre. Recoméndoa a tódalas mulleres e tamén aos seus homes.

Dende as primeiras páxinas percíbese certa analoxía entre este libro e as Cinco horas con Mario, publicado en 1966, que tanto éxito lle deron ao seu autor don Miguel Delibes e á actriz española Lola Herrera, que a representou durante moitos anos no teatro. Trata doutra muller, Carmen Sotillo, en situación e idade similares a anterior que, diante do cadaleito onde xace seu home morto, recrimínalle todas as súas frustracións da súa vida valeira de sentimento, sen máis interese que as relacións sociais e os bens materiais mentres el traballaba arreo para sacar adiante a súa casa e a súa familia.

Lina hai moitos anos e quero volver a léela de novo pois sei que está na casa en algures. Tamén a recomendo a homes e mulleres, sobre todo por si algunha non entendeu moi ben as verbas do noso insigne escritor cando escribiu esta, para min obra de arte.

Ven todo isto a conto nestes tempos que tanto se fala das mulleres asoballadas, toda axuda e respecto para elas, pero sen esquecer que, dun ou doutro xeito, tamén existen moitos homes que sofren maltrato ou violencia de xénero que é como lle chaman agora, e destes non fala ninguén.

LEJOS DE TI ESTA PRIMAVERA

Te puede interesar