De pícaros e (presuntos) delincuentes

Sempre que alguén aplica o termo presunto a algún imputado, o Sr. Ramón comenta: presunto en Portugal é o xamón. De sempre, houbo xente que procurou arrimar a ascua a súa sardiña. Pícaros que se aproveitaron do esforzo alleo para quedarse con todo, xa sexa como furtivos, como descuideiros ou como timadores abusando da inxenuidade e a avaricia dos timados. Pero é que agora, coñecemos tramas que deixan como santos varóns,  a Ronald Biggs, a Madoff, ao pirata Soto ou a calquera dos grandes ladróns de referencia dos que temos noticia. E xa non é picaresca. É delincuencia e das gordas. Organizada, opaca e en connivencia con diversas estructuras de poder para que finalizaran con éxito. A trama Gurtel, Correa e os seus muchachos, con Bárcenas e os sobresoldos do PP e as contas en Suiza… Os ERE,S de Andalucía, onde a xuiza Alaya xa imputa a unha veintena de cargos do Goberno Socialista andaluz, como Magdalena Álvarez …  a Alcaldesa de Manilva, de IU ata fai un rato, contrata a dedo a máis de 200 persoas, moitas delas familiares directas súas… A CiU de Mas, Pujol e Durán, afectada por, presunta, financiación ilegal e blanqueo… as tramas Pokemon, Paneles, Campeón etc…  Ante tanta mancha de sospeita e corrupción, que se estende como aceite sobre papel, temos que destacar que, agora, a diferencia de antes, aínda que tarde, os que as fan as pagan. Os que meten a man rematarán escaldados e tanto escándalo significa que os controis funcionan. Pero o cheiro que xenera non se elimina nin con botafumeiros. E a ferida moral, tardará en pecharse.

De pícaros e (presuntos) delincuentes

Te puede interesar