BALBINO E MANOLITO

Son castelán-falante. Educáronme nesa lingua. Ademais, nos meus círculos profesionais e de amizade fálase unicamente en castelán. De aí a dificultade para practicar o galego. Aínda por enriba, un bo lector meu díxome un día que escribía ben, pero que non o fixese en galego. Referíase aos dous únicos artigos que até a data teño publicado en galego. Certo é que me custa máis escribir na lingua propia, porque me custa máis pensar nela.

Pódese defender a lingua sen caer nas profundidades nacionalistas


Ás veces teño a sensación de que alguén nos roubou unha parte da nosa liberdade de elección. Que nos quitou unha parte do noso prestixio. Eu, como alumno, formei parte da última xeración do meu instituto que non recibiu clases en galego. Por iso, síntome un pouco orfo, orfo de nai, pois o poderoso pai castelán non ten problema algún. Sei que a algúns sorprenderalles moito o que estou a dicir, pero que non se confundan. Pódese defender a lingua sen caer nas profundidades nacionalistas.

De feito, o uso da lingua galega é un xeito de “españolidad” plena. As dúas son linguas derivadas do latín que foron conformándose inicialmente na antiga Hispania visigótica e posteriormente na Reconquista dos reinos cristiás. O propio Afonso X o Sabio escribiu “As Partidas” en lingua galega. E non era un texto menor. Logo a españolidade de ambas linguas está fora de toda dúbida. Pero tamén hai que prestixialas. E o prestixio ven dado polo seu uso. Sen estridencias nin imposicións, con naturalidade.

Hoxe os nosos fillos escoitan o “Xabarín Club” coma nos ollabamos a Heidi. Foron as políticas lingüísticas dos gobernos Fraga a agora do Executivo de Feijóo as que instauraron a moderación e a pluralidade nas aulas, “unha clase, dúas linguas”. Lonxe da uniformidade do BNG e da falsa liberdade dos que din defender “dúas linguas, dúas clases”. Na Galicia de hoxe xa non quedan, cincuenta anos despois, nin os Balbinos nin os Manolitos de Neira Vilas. Ben, exaxero un pouco, aínda queda algún Manolito que outro, o que pasa e que agora o seu pai está afiliado ao PSdeG-PSOE. E é ben certo que non estou falando únicamente de José Blanco.

BALBINO E MANOLITO

Te puede interesar