“ASÍ NO FOI”

Estaba eu visitando a exposición “Xelmírez e Europa” (magnífica en montaxe ) cando sentín tras miña unha presencia rara, alguén invisible que me soplaba na orella. Diante do panel da viaxe que Xelmírez fixera a Cluni e despois a Roma oín unha voz que dicía: “Así non foi”. Eu atrevinme a preguntar: “Que é o que non foi?”. E a voz que non dubidei xa que era a do propio Xelmírez dixo: “Non falan nada dos cartos que gastei en Cluni e máis en Roma. Pregúntalle ao papa Calixto II, tío do noso Afonso VII”.

E era certo; naquela exposición non aparecía nada dos cartos que Xelmírez trasegou a mazo para Roma. Como se aos poderes de hoxe lles dese vergoña asumir aquelas “esmolas”, aquelas “caridades”, como se lle dicía daquela aos subornos”. Xelmírez pagou moito e pagou ben para acadar todas as dignidades eclesiásticas de Compostela e máis para que os monxes de Cluni predicasen seguido a peregrinación a Santiago. ¿De que outro xeito se podía convencer a media Europa para que viñesen as xentes a este Finis Terrae?

Algúns incautos parecerálles doado que o xentío de peregrinos viñesen porque si, pola nosa cara bonita, sen que ninguén lles predicase con boa publicidade. Paseando polas rúas oín outra volta a voz de Xelmírez. Ben se ve que tiña esa necesidade de explicarse: “Atopei moitos inimigos, mesmo entre os meus. Xente a quen eu dera honras e propiedades”. E sentenciou finalmente: “¡Moitos pescozos vin tronzados por favores dados!”. Eu quedei pampo. Teño que consultar o das voces, non vaia ser o demo.

“ASÍ NO FOI”

Te puede interesar