As distancias curtas de Correa Corredoira

Coincidindo coa súa retrospectiva, na Fundación Luis Seoane, Xavier Correa Corredoira (A Coruña, 1952) ofrece unha pequena antolóxica na galería Monty4, que abarca dende principios dos 80 ata 2016 e que leva por título “Nas distancias curtas”. Trátase de obras de pequeno formato, que conservan en moitos casos a frescura do boceto, a gracia da mancha, a impronta íntima dunha caligrafía esguellada. Asistimos así a unha viaxe polos polimorfos mundos e motivos recurrentes da súa inspiración. A súa é unha linguaxe aberta, expansiva, expresionista no trazo que case sempre se fai de curvas, de ondaxes, de reviravoltas e de esquinados quebros e moitas veces  é barroca no tratamento da luz; é polo tanto unha obra vital, chea de paixón e que mui ben poderíamos alcumar de dionisíaca. 
Correra Corredoira veu como algúns outros da súa xeneración da Galga e do Gruporzán  “a comerse o mundo”, a integralo, a metabolizalo, a facelo vibrar ata as cordas máis íntimas do seu ser: árbores, mulleres, paxaros, mares. caminos, montes, facianas, corpos,  penedos... fanlle chiscos e seguen nos seus cadros os sucos do devir; xa na percura do horizonte, como en “Landra de Heracles”; xa na arela de verticalidade, como en Piñeiral, Paos ao norte ou na serie de pequenas táboas alongadas e estreitas, entre as que figuran Camiño de liño, Escriba, Torero ou Berro longo. Un algo ou un moito de munchiano hai en este berro escuro, como tamén nas facianas negras atrapadas nas estreitas marxes de doce centímetros que ben poderían ilustrar os estudos encol da sombra anímica de Jung. Mais este lado de sombra e de dor, que a todos nos atinxe, ten como contrapunto un lado lírico, un sentimento de comuñón coa natureza, co genius loci, cos deuses lares; presentes están estas engaiolantes enerxías ou forzas naturais de arraigo en obras coma Mariña negra, Pao deitado, Ria roe e sobre todo no fermoso cadro Maceira vella no que a cor da terra se ergue para compoñer, co tronco da vella árbore e do rueiro de pedra rodeados de neve, un recuncho de repouso, de recollimento nas intimidades da alma; non séi de que xeito misterioso soubo recoller aquí un silencio antigo, arroubado, unha saudade gozosa. Logo están as acrobacias de cor de sangue, como en Córpore, en Crucifixión ou en Lindsay Kemp; están as referencias míticas, como en Leda ou Tres arpías; están os faros acenando ao infinito. como o Faro Vilano, o Faro do Roncudo e sobre todo o noso Faro de Heracles. E logo xa, como cruce de terra e ceo, como eixo cósmico ou axis mundi está o Cristo das mareas, que expresa  toda a tensión antropomórfica do drama de existir; testamentario dese drama, o pintor autorretrátase serio e reconcentrado frente ao seu cabalete, alí onde a súa alma establece “ vínculo co mundo”, como si mirase xa sempre cara os adentros.

Te puede interesar