No centenario da Bauhaus

con motivo do centenario da Bauhaus, fundada en Weimer en 1919, a Real Academia de Belas Artes programou unha serie de conferencias, a última das cales, baixo o epígrafe “Bauhaus, a configuración da modernidade”. foi impartida este pasado martes 15, por Xosé Díaz, de quen o presentador, Miguel Anxo Prado, quixo destacar, amén da súa profesión de deseñador gráfico, a súa vivencia directa do magno proxecto de Cerámicas do Castro-Sargadelos e do Laboratorio de Formas de Galicia,, esa “pequena Bauhaus galega”, fundada polo seu pai Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane. Xosé Díaz abríu a conferencia facendo referencia a conflictiva situación económica e política en que quedou Alemaña, ao rematar a primeira guerra mundial e as duras condicións impostas pola Paz de Versalles; Son os anos da República de Weimar que duran o mesmo que durará a ascensión de Hitler ao poder, en 1933, en que a Gestapo pecha a escola. 
A creación da Bauhaus por Walter Gropius, en tal ambente de precariedade, é calificada por X. Díaz de auténtico milagre; mais pese aos desastres da guerra, os anos 20 foron anos de fervor creativo, nos que persoalidades da talla de Klee, Kandinsky, Joseph Albers, Feiningir, Moholy-Nagy ou Oskar Schlemmer puxeron a súa capacidade creadora ao servizo da escola. No seu programa, Gropius busca a integración das artes: arquitectura, escultura e pintura, elevar o artesanal á mesma consideración das chamadas Belas Artes e artellar unha cooperación práctica entre arte e industria. Racionalidade, socialismo e funcionalismo serían os tres pes prácticos do programa, pero en realidade Gropius perseguía unha idea utópica: a creación dunha comunidade que permitese a formación dun home novo e onde cada un puidese desenrolar con libertade e espontaneidade as súas facultades creadoras. Era, polo tanto, un proxecto profundamente humanista e o mesmo nome Bauhaus, que significa taller-casa expresa a idea de conectar cos tradicionais talleres dos constructores de catedrais, que non facían distinción entre artes e oficios. 
Entre as novedades están as moitas mulleres que estudan na escola, especialmente no obradorio de tecidos e algunhas serán mestras, como Marianne Brand ou Grute Stolzl Unha curiosidade que a conferencia de X. Díaz nos proporcionou é a da relación que Luis Seoane tivo coa fotógrafa xudea Greta Stern que tivo que fuxir a Arxentina co seu home Horacio Coppola. Tamén por primeira vez poidemos contemplar, en arquivos recuperados, escenas dos ballets de O Schlemmer como a impresionante Danza dos paus e o Ballet Triádico. Tras a desfeita do nazismo, os mestres da Bauhaus marchan a América, onde intentan crear unha nova Bauhaus, en Chicago (1933-1956) e en Ulm ( 1953-1968). 
A utopía da escola queda resumida nas verbas de Gropius::”Temos que pensar na nova construcción do futuro, que será unha na súa estructura: arquitectura, escultura e pintura, creadas por millóns de mans artesanas, ascenderán ao ceo...”

No centenario da Bauhaus

Te puede interesar