A OPOSICIÓN NA IGREXA

Dende que Bergoglio foi elixido papa, elección que lle custou aceptar, anda comprometido con un proxecto no que algúns dos que o precederon no cargo,  fracasaron. Pero Francisco é teimudo e continúa empeñado en devolverlle á Igrexa o carisma dos primeiros séculos, deixando atrás o carácter burgués e patriarcal do que actualmente se encontra revestida. Francisco quere limpala e transformala para convertela nunha comunidade fraterna de servidores dispostos a acoller aos fracasados na vida, aos pobres e aos humildes. Porque así se realiza a salvación que Xesús, o Nazareno, veu traer ao mundo. 
Xesús ensinou que a relixión verdadeira está na atención e no coidado das persoas. A salvación que anuncia o Evanxeo non consiste en pasar a vida  rezando e esperando a hora da morte, como viña predicando ata non hai moito a maioría do clero. Hai uns días a casualidade levoume a encontrar un folleto no que aparecía unha breve biografía da ferrolá Concepción Arenal, e de novo volvín a asombrarme do currículo de esta muller de finais do século XVIII que, por ser muller, tivo que disfrazarse de home para estudar na universidade. 
E nesta hora, cando a sociedade anda indignada por tanta violencia, singularmente machista, que padecen as mulleres, faise necesario ter presente unha consideración de esta ferrolá universal, que ao mesmo tempo retrata toda a súa vida dedicada a servir: “Odia o delito e compadece ao de delincuente”. Estamos prestos a condenar e castigar, pero moi pouco dados a facer algo para que non se  cometan delitos e para comprender e perdoar aos que os cometeron. 
A sociedade somos todos, e a todos nos corresponde o seu coidado. Cada quen descubrirá como facelo. A educación dos nenos e a formación da xuventude non está sendo modélica e necesita máis atención. Por aí hai que empezar. Eles forman a sociedade do futuro. O papa Francisco busca a maneira de que a Igrexa mire e atenda a todos, sen falar de bos e malos. 
Pero o Papa encóntrase con unha cerrada oposición de certos xerarcas e de algúns reaccionarios ultracatólicos que non poden aceptar que Francisco lles diga aos cardeais que saian a buscar aos descarrilados, e menos que acolla aos divorciados voltos a casar. “A Igrexa non está para meterse en líos mundanos, din eles. Estes xa esqueceron  que o fundador foi colgado na cruz por non deixar tranquilos aos escribas e fariseos e acusalos de que converteran a casa de Deus nunha cova de ladróns.

A OPOSICIÓN NA IGREXA

Te puede interesar