SIMILITUDE

De xeito cotián, os medios informativos falan do problema de Grecia, mais case sempre o tema é tratado como se fose algo que atinxe só aos gregos e non ao conxunto dos europeos. Mais, pódese considerar este asunto só como un problema económico puntual? Non é o resultado do derrubamento dun sistema corruptor e corrupto? 
Non hai certa similitude entre o desbaraxuste do sistema socialista soviético e a ameaza de desastre do sistema capitalista europeo? Seica alí, as causas da desfeita foron a corrupción e a conseguinte perda de moral pública, co grande aumento do alcoholismo, da drogadicción e a delincuencia. 
E aquí, non está a suceder practicamente o mesmo? Alguén terá que buscar o xeito de convencer á xente de que, o “estado de benestar” non se concreta nunha pantalla de TV máis grande, unha lavadora máis sofisticada, automóbiles máis potentes ou “teléfonos móbiles”con máis funcións que un ordenador normal. Iso é o que nos fan crer, pero é realmente así?

SIMILITUDE

Te puede interesar