RELIXIÓNS

Co gallo dos atentados de París, as opinións atopáronse divididas en, se era ou non era, unha guerra de relixións. Mais polo si ou polo non, a realidade é que a relixión é o pretexto usado para cometer toda clase de barbaridades. 
Neste caso trátase dos que din ser mahometanos, como noutros casos poderían ser o hinduísmo, o sionismo ou mesmo o cristianismo, aínda que non é cuestión agora, de enxuizar á “Santa Inquisición”. 
Do que se trata neste intre é de cortar os seus canles de aprovisionamento de diñeiro, armas e municións e tratar de buscar unha solución, para desarmar ideoloxicamente a todo ese numeroso grupo de descerebrados, aos que convenceron de que terán trato preferente na outra vida, por seren considerados heroes e mártires. 
Coido que ese é o camiño máis eficaz para combater tanta insensatez. Porque como alguén dixo, as ideas non se matan con bombas. E nesta guerra, como en todas, os verdadeiros culpables sempre están a salvo. Penso eu, claro.  

RELIXIÓNS

Te puede interesar