PODEMOS

Aaparición dese grupo político chamado “Podemos” parecía que ía cambiar para mellor o panorama político estatal, malia que a súa pretensión de “rematar co bipartidismo” pareceume sempre que non tiña unha base moi real.
Primeiro porque a alternancia de PP e PSOE nos gobernos non sempre foi cousa de dous partidos; segundo, porque a experiencia di que a alternancia é mellor que un mesmo goberno toda a vida; e terceiro, porque si Podemos chegase a gobernar, inevitablemente alternaríase con outro ou outros e volveriamos ter bipartidismo ou tripartidismo, cousa que non significa que fose mellor para o cidadán de a pé.
Paréceme ben a súa loita contra a corrupción e a bandidaxe e o cumprimento do seu “código ético”, pero ese cumprimento, levado ao extremo de prexudicar os intereses dos máis humildes, non apoiando un goberno progresista porque un partido teña dous senadores imputados, paréceme unha especie de chantaxe fora dos principios democráticos. Eu o vexo así.

PODEMOS

Te puede interesar