PARTICIPACIÓN

Parece que o novo goberno municipal ferrolán está máis interesado que o anterior no tema da participación cidadá. 
Mais é necesario facerlle entender aos cidadáns que esa participación non é un agasallo que nos fan os políticos, senón un dereito irrenunciable que, como todos os dereitos, impón tamén certas obrigas. Participar é algo que todos podemos facer, aportando as propias ideas ou apoiando as de outros. A participación non só é crítica, que tamén, pero as críticas deberán ir acompañadas dunha posible solución. 
Pola súa parte, os gobernantes non teñen que limitarse a admitir a participación, senón que deben pedila, estimulala e mesmo esixila a todos aqueles que se limitan “a velas vir”, sen dedicar un pouco do seu esforzo e do seu tempo para mellorar o que poda ser mellorado. Agora, se a sociedade está a pedir un cambio político que propicie tamén un cambio social, semella que chegou a hora de preguntarnos: Que fago eu para acadar ese cambio?
 

PARTICIPACIÓN

Te puede interesar