Nómadas

Parece que estamos a volver a tempos pasados, cando pobos enteiros mudaban de lugar buscando outro sitio onde poder atopar o necesario para a súa supervivencia, basicamente na procura de alimentos ou fuxindo dos cambios climáticos, que facían moi difícil a vida.
Agora, a chegada de milleiros de persoas a diferentes países europeos parece unha volta atrás na civilización, pois aínda que o obxectivo deste novo “nomadismo” sexa  igualmente a busca da supervivencia, o motivo deste movemento de masas é, nuns casos a fuxida dunha guerra provocada por intereses máis ou menos ocultos e noutros, o desexo de buscar unha vida mellor, sabendo que hai outras terras onde poder satisfacer as súas necesidades máis elementais. 
A cuestión non só está en poder acoller a tanta xente desarraigada, senón en facer o posible para evitar ese desarraigo e que cada pobo poida vivir en paz na súa propia terra. Porque a dor da emigración sófrea máis que ninguén o emigrante. Seino ben.

Nómadas

Te puede interesar