LISTAS

Orecurso de pedir que goberne a lista máis votada é unha constante nas intervencións dos persoeiros e votantes do Partido Popular. A min paréceme que esa é unha esixencia do máis antidemocrático, pois iso suporía reducir ao papel de comparsas a todos aqueles que non houbesen votado á lista maioritaria.
Adoitan dicir os populares, cando a súa é a lista máis votada, que a maioría quere que gobernen eles, mais saben perfectamente que iso é unha falacia, a non ser que teñan maioría absoluta, porque realmente a maioría son os que non os votaron.
Por outra banda, soen diferenciarse dos outros partidos políticos, titulándose gañadores, mentres os outros son os perdedores e soportan de moi mala gaña que eses perdedores podan gobernar.
Por iso, algúns e algunhas sacan a relucir o seu ácido carácter e mesmo a súa mala uva, cualificando aos outros de antisistema, ou de inimigos da democracia, desa democracia asoballada que eles mesmos degradaron e prostituíron. Eu véxoo así, claro.

LISTAS

Te puede interesar