CENTIRSMO?

Pasadas as eleccións, obsérvase a diferente reacción dos dous partidos, PSOE e PP, que durante moitos anos “recolleitaron” a maioría dos votos dos electores.
A xulgar polos resultados, obsérvase un descenso de votos importante en ambos os dous grupos, coa igual perda de dous concelleiros cada un, mais esa teórica igualdade non é asumida por igual no seo dos dous partidos; así, mentres no PSOE érguense voces pedindo dimisións, no Partido Popular lóuvase o traballo dos seus dirixentes e mesmo se lles confían tarefas superiores.
Eis a notable diferenza entre dous partidos que queren ser alternativa de poder no Estado español. Eu non sei cal das dúas estratexias é a boa, mais no caso dos socialistas paréceme que para atopar o problema da falla de confianza do electorado habería que buscala moito máis atrás, quizais na súa “viraxe ao centro”, nese “centrismo” que agora o mesmo Mariano Rajoy lle reprocha abandonar. Porque o Partido de Pablo Iglesias (Paulino), nunca foi de centro. Ou si?

CENTIRSMO?

Te puede interesar