Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
La Galería

Voces do alén

Resulta unha experiencia turbadora escoitar as voces dos mortos, dos seres queridos que nos deixaron

Ilustración de Gosia Trebacz
Ilustración de Gosia Trebacz
EC
beowner620V2
COLIMA 620v2
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

“Sentí… tu voz de niña en mi oído/ como una campana nueva/ como una campana virgen/ en un alba de primavera”, escribe Antonio Machado, recordando a Leonor, falecida aos dezanove anos. A voz é unha das formas máis definitorias da identidade. Sen verlle o rostro, recoñecemos as persoas. Hai voces graves e agudas; rotundas e tatexantes, voces que acariñan e voces que feren. Mudamos físicamente, engordamos, adelgazamos, envellecemos…, pero a voz permanece esencialmente idéntica: o rastro sonoro da nosa personalidade. 

Está a voz que tivemos de nenos, aguda e limpa, conservada ás veces nalgunha vella gravación familiar, e a voz adulta que se foi facendo con gozos, tristezas, éxitos e fracasos. Escoitarnos produce unha sensación estraña: somos e non somos nós, pois a voz contén rexistros que recollen as sucesivas mutacións que sufrimos ao longo da nosa existencia. 

Durante un tempo recibín mensaxes gravados de miña nai, na confesada intención de que puidésemos oír a súa voz cando ela falte. Azuzada polo furón da saudade, a nosa amiga Áurea chamaba algunha que outra vez, desde a Coruña, ao seu ex marido, pai dos seus tres fillos, que ficara no Perú. Non quería falar con el, abondáballe con escoitarlle: “Si, diga!”, para recuperar, por uns segundos, naquelas palabras pronunciadas por el a miles de quilómetros, a súa presenza, o tempo compartido, o ilusionado proxecto en común que se esfarelara. 

Hai, xa o apuntei ao principio, algo máis inquietante: a voz dos mortos. As fotografías antigas aceptámolas con naturalidade: pertencen ao pasado, ao reino da memoria no que as figuras permanecen inmóbiles, sometidas á súa condición de ausentes. Pola contra, a voz revélase cunha conmovedora vixencia: unha gravación devolve tono, timbre, respiración, carácter. O defunto comenta, pregunta, chámanos polo noso nome…, provocándonos unha íntima alarma. Sabemos que está morto, pero escoitamos a súa voz viva! 

As novas tecnoloxías permitirán levar esa ilusión moito máis lonxe. Mediante holografías e imaxes de última xeración, poderemos ver unha persoa falecida camiñando, xesticulando, sorrindo e falando diante de nós. Será unha presenza incomparablemente máis intensa, e tamén máis perigosa emocionalmente, que as de hai só uns anos. A memoria precisa recordar pero tamén aceptar a ausencia, de maneira que a pregunta xorde inevitable: é bo conceder aos mortos unha aparencia de vida? 

Mensaxe

Gardamos algunhas voces como gardamos cartas, obxectos, fotografías, porque a voz ten algo que ningún retrato consegue preservar: o instante dunha vida acontecendo. Os mortos das fotografías mírannos desde o pasado, aos mortos que falan escoitámolos desde un agora actual e presente. 

Nunha ocasión chamei por error ao teléfono dun amigo que falecera había uns días e batín coa súa voz no contestador. “Deixe a súa mensaxe…”. A razón indicábame que era unha gravación, pero algo dentro de min vacilou. Que mensaxe deixarlle a quen xa non podía escoitala? Que dicirlle desde esta beira? Certamente, máis impactante sería aínda recibir unha resposta súa desde o alén!

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620