Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
La Galería

Alberto Sueiro Pastoriza | “O FIOT pode ser ese festival de referencia internacional en Galicia”

Alberto Sueiro no Pazo da Cultura de Carballo | mar casal
Alberto Sueiro, promotor do Certame de teatro de Carballo 
Mar Casal 
beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo celebra 35 anos como o gran referente das artes escénicas en Galicia. Organizado pola Asociación Telón e Aparte, co apoio das distintas administracións, cada ano recibe ás principais figuras da escena actual galega, nacional e internacional. O presidente da entidade, Alberto Sueiro Pastoriza (Carballo, 1962), promotor do certame de teatro de Carballo, reflexiona sobre a traxectoria do festival, a súa evolución e os principais retos aos que se enfronta nestes tempos convulsos. Este ano son 43 espectáculos entre o 23 de setembro e o 31 de outubro, con 8 estreas absolutas e 9 en Galicia.

Cando todo cae, vén ao teatro. Este é o lema desta edición...

O ano pasado queriamos centrarnos na raíz, algo que nos permitise mirar cara o que somos e que nos fixese felices. Este ano vivimos tempos de moita perplexidade. Hai cousas que nunca pensamos que nos tocaría vivir e que agora son correntes. Incluso chegamos a non ter a certeza de que o que estamos vendo sexa verdade. Iso dá unha sensación de certa orfandade, porque non sabemos que está pasando nin onde mirar. Desde os gregos hai un lugar onde podemos analizar e reflexionar sobre o que acontece, o teatro.

É a mellor opción cando demandamos todo a golpe de clik?

Por suposto. O teatro sempre tivo esa idea de ir contra a realidade, de rirte dela, criticala... E aquí tamén hai IA, Ilusión Aumentada. Isto é o teatro. O teatro ten a particularidade de que algo que escribiu un grego hai dous mil anos pode adaptarse e interpretarse desde a realidade de hoxe, por iso serve para reflexionar sobre o que nos pasa.

O FIOT cumple 35 anos. Cal foi o segredo para chegar ata aquí?

En realidade o FIOT non ten exactamente 35 anos, porque a primeira edición chamouse Primavera de Teatro e celebrouse en maio de 1992. A denominación de Festival Internacional Outono de Teatro chegou anos despois, pero o proxecto mantivo sempre a mesma esencia. Creo que o segredo está nun equipo humano que, despois de tantos anos, segue funcionando razoablemente ben, ou mesmo diría que extraordinariamente ben. Sempre houbo en Carballo unha especie de acordo tácito de que o FIOT era un ben a protexer. Non sempre tivemos a política a favor, pero nunca a tivemos en contra, e iso é moi importante. Se estás a favor, quizais non che axuden demasiado, pero se están en contra, desde logo non tes nada que facer. E por outra banda está o público; se para os espectadores o FIOT non fose importante, probablemente estaríamos durmindo o sono dos xustos.

“O teatro sempre tivo esa idea de ir contra a realidade, de rirte dela, criticala; serve para reflexionar sobre o que nos pasa. E aquí tamén hai IA, Ilusión Aumentada. Iso é o teatro”Alberto Sueiro

O público sempre respondeu en Carballo.

Si, sempre. O público responde e a Administración acompaña, aínda que ésta debería responder mellor. Hai persoas que levan acudindo ao FIOT durante moitísimos anos. Creo que esta é a edición número 23 que se celebra no Pazo da Cultura e hai espectadores que veñen de maneira sistemática desde o comezo. Iso é o que realmente sostén o festival.

Imaxinaba chegar ata aquí?

Cando naceu, a nosa alegría era facelo unha vez. E seguramente durante os tres ou catro anos seguintes estivo a piques de desaparecer varias veces. Pero sobreviviu grazas a moitas circunstancias diferentes.

Cando comezas un proxecto así, falo coa ilusión de facelo unha vez. Cando remata esa edición, pensas na seguinte, e así sucesivamente. O auditorio do Pazo da Cultura supuxo un cambio substancial, un antes e un despois. A partir dese momento xa podiamos formular unha continuidade de maneira máis ou menos razoable. Antes non pensabamos máis alá da edición que correspondía a cada ano. Incluso tiñamos que negociar cada ano con Maruja de Rega para ver se nos alugaba o cine... E houbo unha ocasión na que coincidimos cunhas eleccións e a ela interesáballe máis alugar o cine para os mitins que para o teatro.

Agora o Pazo xa queda pequeno.

Si, agora estamos nunha situación parecida a daquela. Carballo cambiou moito desde os anos noventa e a industria escénica tamén se transformou completamente. Non teñen nada que ver as circunstancias nas que se contrata hoxe coas de entón. E para seguir medrando e manter o ritmo de crecemento que o FIOT tivo, por exemplo, na década dos 2000, hoxe necesitamos un espazo escénico noutras condicións.

Alberto Sueiro no Pazo da Cultura de Carballo | mar casal
Alberto Sueiro no Pazo da Cultura de Carballo
Mar Casal

Pódese conseguir a curto prazo?

Hai un concurso de ideas en marcha para a construción do edificio e existe esa intención. Imos supoñer que terminará nun espazo axeitado. Pero o espazo é só o continente e despois hai que darlle contido. Se queremos ter un evento grande, cómpre dotar o festival de recursos e medios.

Vostede reclama máis medios económicos...

Analizando unicamente o incremento dos custos de produción das redes de teatros públicos nos últimos catro anos foi do 18,5 %. A financiación dos festivais nestes catro anos, en cambio, é exactamente a mesma. Polo tanto, temos case un 20% menos de recursos que hai catro anos, que é un período moi curto. A financiación debería manter un ritmo crecente, e tamén habería que apostar por facer un evento realmente de referencia. Galicia, entre as rexións históricas, é a única que non conta cun festival de teatro de referencia internacional.

Podería ser o FIOT de Carballo ese evento de referencia?

Eu diría que si, claramente. Pero se non é este, pode ser outro. Aínda que non me parece desatinado pensar que, despois de 35 anos de experiencia e coa potencia que ten o FIOT, este festival poida ser a panca para crear un gran festival de teatro.

“Analizando o incremento dos custos nos últimos catro anos temos case un 20% de recursos menos, e a financiación debe ser crecente”Alberto Sueiro 

É o gran obxectivo a curto prazo?

Eu creo que debería ser o horizonte, que se manteña na primeira liña dos festivais de referencia en España. Porque non se pode aspirar a diminuír, e, ou medras ou decreces.

Cal foi o mellor momento do FIOT ao longo destes anos?

Persoalmente, diría que entre 2003 e 2010, aproximadamente. Foi unha etapa na que xa dispoñiamos do Pazo da Cultura e abríronse novos camiños. O apoio da Administración aumentou, o recoñecemento do FIOT medrou moito e vivimos un gran momento de auxe.

E o peor?

Houbo moitos momentos difíciles. Moitas veces que parecía que o proxecto non podía continuar. Pero ao final saíu adiante.

Cambiaría algo se empezase agora de novo?

O que non cambiaría serían as persoas coas que fomos facendo este camiño. As decisións que tomamos poderían ser diferentes, porque as circunstancias tamén son diferentes. Pero as persoas que fixemos este camiño son, realmente, o gran tesouro do FIOT. Temos que sentirnos orgullosos que, dalgún xeito, permitimos que moitas persoas accedesen a espectáculos, emocións e artistas que noutras circunstancias non terían oportunidade de ver. Eu digo moitas veces, grazas ao FIOT puiden ver a Nuria Espert en directo. Creo que foi a única vez que pedín facer unha foto cun artista.

Que papel xoga o festival para achegar o teatro a novos públicos?

O proxecto do FIOT é recoñecido, sobre todo, polo gran traballo que se fai na captación e creación de públicos. Unha das liñas transversais é a diversidade, intentamos que exista unha oferta para cada público diferente desde o punto de vista artístico. Tamén procuramos que o FIOT chegue a todo o territorio de Carballo, para que sexa accesible a calquera persoa do concello. Polo tanto, estamos intentando ofrecer algo para todo o mundo. Temos o FIOTiño, o concurso de teatro lido, traballamos cos institutos para achegar o teatro aos mozos, facemos programas de voluntariado para facilitar ese acceso... Temos o teatro de sala, levamos espectáculos ás residencias de maiores, facemos teatro na rúa, nos bares, espazos públicos... Iso permite que practicamente toda a sociedade de Carballo o teña interiorizado como algo propio e resulta difícil separar as palabras FIOT e Carballo.

“O gran tesouro do FIOT son as persoas que fixemos este camiño. Temos que sentirnos orgullosos do que logramos neste tempo”Alberto Sueiro 

Que lle diría a unha persoa que nunca foi ao FIOT?

Creo que é difícil que alguén de Carballo non se atopase algunha vez co FIOT, pero alguén haberá. Entón anímolle a vir, hai que probar. Este ano, precisamente temos o lema “Cando todo cae, vén ao teatro”, entón é o momento perfecto para asistir.

As novas xeracións están cada vez máis expostas ás pantallas. Como as convencemos para ir ao teatro?

O teatro ten a particularidade, de que é moi díficil que un neno na súa etapa de Infantil ou Primaria non teña contacto co teatro nalgún momento, e normalmente a todos lles gusta. So hai que vencer esa resistencia inicial, saír da casa, como ler un libro... E ademais, o teatro hai que facelo necesariamente en comunidade, verse, atoparse, estar todos xuntos. Esa é unha das alternativas que ofrece fronte ao individualismo, fronte ao ocio das pantallas e fronte a vivir a realidade a distancia.

Algún espectáculo ou artista a destacar nesta edición?

Temos artistas e compañías de primeiro nivel coma sempre: Andrés Lima, Chévere, Chapito, Mofa e Befa, Titzina, El Brujo, Alba Flores, El Tricicle... Na programación de sala en formato convencional sempre hai artistas máis recoñecidos, pero temos outros formatos moi interesantes, novos creadores que chegan e fan funcións brillantes. O OTNI ten xoias inolvidables. Por exemplo, Carlota Mosquera que gañou o certame Metro Cadrado en 2023 agora vén cun espectáculo grande. Aquí empezan a amasar, fermenta e convértese en teatro e isto éncheme de satisfacción.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620