Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
La Galería

Unha historia de amor

O pasado día 3 presentouse na Ágora da Coruña o libro de Miguel López e Rebeca Cernadas ‘La niña del columpio’

Ilustración de Gosia Trebacz
Ilustración de Gosia Trebacz
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os golpes do destino adoitan presentarse sen aviso, como unha treboada que escurece de súpeto un ceo plácido. Así lles aconteceu a Rebeca Cernadas e Miguel López. Rebeca fixera os primeiros estudos no Colexio Santa Eulalia, pasou despois ao Instituto Agra de Raíces de Cee, rematado o bacharelato, chegou á Coruña para estudar Administración e Dirección de Empresas. Pola súa parte, Miguel estudou no Colexio Mirador dos Castros e no Instituto Monte das Moas. Rematou Arquitectura Técnica e exerceu a súa profesión durante doce anos en diversas localidades. Ambos, Rebeca e Miguel, enxergaban un futuro cheo de ilusións e de proxectos, ata que a esclerose múltiple que viñan padecendo lles mudou o horizonte do seus obxectivos.

Dúbida, angustia, medo, rebeldía. Porque a min? Era a pregunta para a que non existía outra resposta que a fatalidade ou os caprichos da fortuna: “Los muros de la enfermedad son jugarretas que impone el cuerpo, la realidad de una cruel ladrona que roba movilidad, tranquilidad e independencia, pues hace que el cableado que nos mueve a todos funcione a veces como debe, sí, pero otras parpadee amenazante. Es un buitre que te ronda, impaciente”, escribe Guadalupe Vázquez Formoso no prólogo.

Houbo momentos difíciles, noites de insomnio nas que o futuro semellaba unha paisaxe desolada. Mais, paseniño, algo foi cambiando no seu interior; comprendendo que non podían modificar a enfermidade pero si a maneira de afrontala. A aceptación e a convivencia coas eivas, a cada paso máis limitadoras, foi unha conquista feita cunha gran dose de valentía e de humildade.

Nese camiño resultou decisivo o amor. Unha tarde coincidiron no centro social de San Diego, onde se celebraba unha charla sobre a doenza. O encontro non tardou en derivar en unión: xuntos aprenderon a valorar cada conversa, cada paseo, cada amencer. O que parecía un proceso inevitable de perda converteuse nun extraordinario exercicio de vontade e superación. Miguel e Rebeca descubriron capacidades que ignoraban: paciencia, fortaleza moral, gratitude. Entenderon, en fin, que a vida non se mide pola ausencia de dificultades, senón pola intensidade coa que somos capaces de enfrontalas. Que non debemos lamentar o que non podemos facer e, en troques, aproveitar as capacidades que aínda conservamos.

Ilusións

Renaceron, daquela, as ilusións: encontros con amigos, fotos, lecturas, conversas. Proxectos compartidos, viaxes ao estranxeiro… Non desapareceron os problemas nin as limitacións, pero deixaron de ocupar o centro da súa existencia. Miguel e Rebeca foron conscientes de que a vitoria non consistía en derrotar a enfermidade, senón en impedir que lles roubara a alegría e as ganas de vivir. O libro que escribiron entre os dous é o testemuño da súa forza, da súa coraxe. E merece toda a nosa admiración.

Así, fronte á dureza do destino, escolleron celebrar cada día, cada minuto, cada instante. Con entusiasmo, con esperanza e coa firme convicción de que o amor segue sendo a máis poderosa forma de resiliencia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620