Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
La Galería

“Con sílabas de gol”

Afincado desde hai anos en Zaragoza, Antón Castro nunca esqueceu o seu Arteixo natal. O Zaragoza e o Depor son os seus equipos

Ilustración de Gosia Trebacz
Ilustración de Gosia Trebacz
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

“Yo jugué en Riazor. No es un farol ni un recuerdo inventado”, escribe Antón Castro no seu fermoso libro ‘Sílabas de gol’ (Prensas de la Universidad de Zaragoza, 2026. 195 páxinas). E ben está o de “sílabas”, en plural, porque cando se canta un gol o monosílabo devén en polisílabo: Gooooool. E falando de Riazor, sensata e prudente parece a decisión de renunciar a sede do Mundial: forte inversión e escasa produtividade.

O fútbol é un xogo, mais tamén un referente no que unha comunidade se recoñece. Na súa aparente sinxeleza —un campo, dous equipos, un balón— agocha unha dimensión simbólica na que se oficia unha batalla incruenta que canaliza desexos e emocións compartidas. “O que máis me ensinou sobre a moral e as obrigas, foi o fútbol”, comentou Albert Camus. Antes de escritor, foi gardameta (o mesmo que Nabokov), e desa experiencia extraeu unha ética de responsabilidade e solidariedade: “Na portería aprendín que o erro propio afecta ao conxunto, e que a vitoria é sempre un logro colectivo”. Así entendido, o fútbol é unha metáfora da condición humana, a poesía do pobo, dos que non a len pero a senten. Unha expresión artística na que talento e esforzo se complementan. Para Eduardo Galeano, o xogador é un artista que, desafiando a lóxica, crea beleza; a pesar da mercantilización dos clubs e da conversión da épica en negocio. Aínda así permanece a incerteza: cada partido é distinto, único, irrepetible. Relato que se escribe en directo, cunha intensidade inigualable.

O fútbol articula identidades. O equipo representa á vila, á cidade, á nación. Os rituais de himnos, cantos, cores e bandeiras constrúen un sentido tribal, de pertenza. Nas bancadas (“esqueleto da multitude”,en palabras de Valdano), milleiros de persoas vibran ao unísono nunha mesma celebración comunitaria. Na lembranza, o triúnfo do Deportivo, cando, contra todos os prognósticos, se alzou campión da Copa no Bernabeu, na mesma data na que o anfitrión cumpría cen anos. O histórico Centenariazo.

Fascinio

Tamén Antón Castro ía para futbolista e acabou sendo escritor, un magnífico escritor. Porén, nunca renunciou ao fascinio do fútbol. Premonición: de neno repasaba os cromos nos que aparecían os “cinco magníficos” do Real Zaragoza; deles, e doutros ídolos, traza maxistrais semblanzas, secuencia imaxes, declama aliñacións como quen recita versos e rememora xestas: entre outras a do gol de Nayim, aquel inesquencible mísil en parábola de paz e de vitoria.

‘Con sílabas de gol’ é un libro entusiasta e positivo, exultante e reivindicativo, escrito desde a paixón admirada e desde a plenitude agradecida. Velaí o episodio no que Luís Suárez reforzou ao Fabril contra o Penouqueira; reforzado este, á súa vez, por Arsenio Igrexas! Seica sucedeu no campo do Balneario, en Arteixo, o 25 de xullo de 1958. E se non è vero, è ben trovato.

“Y yo me quedo con esa me-lancolía irremediable que senti-mos después del amor y al fin del partido”, escribe Eduardo Galeano. Especialmente, cando toca perder.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620