Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
La Galería

Sofía Muñiz, premio de poesía O Facho

Ilustración de Gosia Trebacz
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

Un dos méritos de O Facho é a capacidade para descubrir novos valores e para consolidar os xa coñecidos. Prestixiosas voces, hoxe referenciais (Manuel Rivas, Fernán-Vello, Antón Castro...) atoparon o primeiro eco a través do Certame de Poesía que a Agrupación Cultural convoca desde hai ben anos. Na última edición resultou gañadora Sofía Muñiz co seu libro “Autorización do Centro da Palabra” (Medulia Editorial. A Coruña, 20025)

A perda dun ser querido é unha experiencia que non se mide polo tempo. Hai ausencias que chegan cando aínda non estabamos preparados para despedirnos, marchas prematuras que rompen a orde natural das cousas e que nos deixan nun estado de “suspensión”, como se a vida seguise avanzando mentres nós ficamos parados. Ao baleiro da presenza física únese a desaparición dun timbre, dunha voz, de xeitos particulares e costumes compartidos: unha maneira única de ser que xa non volverá repetirse.

O dó pode ser tan silencioso como persistente, sombra que acompaña os xestos máis cotiáns. Está nas palabras que non chegamos a dicir, nas preguntas sen resposta, na sensación de inxustiza que provoca a morte cando chega prematuramente. Aprender a convivir con ese baleiro é un proceso lento, irregular, con axustes e desaxustes, avances e retrocesos.

Non se trata de esquecer, senón de atopar unha forma de integrar a ausencia nas nosas vidas.

Nese proceso, a creación literaria pode ser un lugar de consolo. Escribir é unha forma de chamar a quen xa non está, de devolvelo ao presente a través das palabras; de facer que habite os textos, respire nas frases e retorne transformado en memoria, en símbolo, en voz que aínda somos capaces de escoitar. As palabras teñen así un poder salvífico e redentor: non anulan a dor, pero fan posible nomeala, ordenala e compartila. Ao escribir, o sufrimento deixa de ser puramente individual e convértese en experiencia comunicable: “Alentaría o último lume/ para revivir/ a rosa branca da miña irmá e vencer a parálise da Palabra”, escribe Sofía Muñiz.

Mudanza

Ese mesmo impulso de cambio e reconstrución xorde tamén cando alguén decide abandonar unha profesión e iniciar outra completamente distinta. No caso de Sofía, de enfermeira a docente. Unha decisión arriscada que implica recoñecer o esgotamento, aceptar o cambio e afrontar o medo a equivocarse. Require valor e coraxe, pois obriga a cuestionar certezas, seguridades e identidades xa construídas, coas lóxicas dúbidas e temores que cómpre superar : “Nesta garda que me agarda/ silandeira/ fago contigo o que o Outro fixo comigo:/ lamber as túas feridas co lume da última cinza”.

Porén, como ocorre co dó, tamén aquí hai un movemento cara á adiante. A mudanza, o cambio, abre un espazo novo onde o temor convive coa esperanza. Errar é posible, pero permanecer inmóbil conleva tamén un custo. Mudar de profesión é unha forma de escoitarse a si mesma e de asumir un risco que se compensa cos logros acadados. Un acto de íntima coherencia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620