Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
La Galería

A voltas coa intelixencia artificial

Ilustración de Gosia Trebacz | Cedida
Ilustración de Gosia Trebacz | Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A aspiración de crear máquinas intelixentes non é nova. Arredor dos anos cincuenta do pasado século, científicos e matemáticos comezaron a formular unha pregunta tan sinxela como inquietante: pode pensar unha máquina? En 1956, nunha conferencia celebrada nos Estados Unidos acuñouse por primeira vez o termo Intelixencia Artificial, dando nome a unha disciplina que nas primeiras etapas se baseou, simplemente, en regras lóxicas e en programas deseñados para imitar razoamentos humanos elementais.

O avance decisivo produciuse neste século, impulsado pola confluencia de tres factores fundamentais: o incremento na capacidade dos ordenadores, a enorme cantidade de datos dixitais e o progreso de novos métodos matemáticos, entre os que cabe destacar a aprendizaxe automática e as redes neuronais. Agora mesmo, os sistemas non se limitan a obedecer regras fixas: son capaces de “aprender” desde a experiencia dun xeito comparable —aínda que non idéntico— ao proceso de aprendizaxe humano.

Segundo me comenta o meu amigo Xavier, enxeñeiro informático, o propósito fundamental da IA é crear sistemas capaces de realizar tarefas que até hai pouco se consideraban patrimonio exclusivo da mente humana. Entre esas tarefas está o recoñecemento de imaxes e de voces, a comprensión da linguaxe, a toma de decisións baseada en datos, a resolución de problemas complexos e moitas outras, porque os programas tradicionais executaban instrucións ríxidas, invariables, mentres que os da IA poden adaptarse, mellorar o rendemento e responder, con flexibilidade, a situacións novas.

Queiramos ou non, gústenos ou non, a I.A. xa forma parte da nosa vida cotiá, aínda que moitas veces nin sequera nos decatemos. Está nos asistentes virtuais dos teléfonos móbiles, nas recomendacións musicais e de filmes, nos filtros que separan o correo non desexado dos nosos emails, nos tradutores automáticos. No transporte contribúe a optimizar rutas, xestionar o tráfico e avanzar (non tardaremos en velo, algún ensaio xa se fixo) cara a vehículos sen necesidade de condutor. O seu uso na medicina axuda a precisar os diagnósticos, anticipar enfermidades e adaptar os tratamentos ás circunstancias de cada paciente, aumentando a rapidez das decisións clínicas e a eficacia dos resultados. A IA desempeña tamén un papel relevante na mellora da eficiencia enerxética, na optimización de recursos e no impulso da investigación científica en campos como a bioloxía, a economía e a climatoloxía.

Desde esa perspectiva, a utilidade e os beneficios da I.A. son evidentes: a súa capacidade de procesar enormes volumes de información en tempos mínimos, supera de largo a humana, permitindo automatizar tarefas repetitivas, reducir erros e liberar as persoas para que poidan dedicarse a actividades reflexivas e creativas.

Retos

Porén, a futura expansión da Intelixencia Artificial non carece de riscos. A protección da privacidade, o uso responsable dos datos e o profundo impacto na perda de empregos suscitan dúbidas, interrogantes que non podemos ignorar.

Resulta imprescindible, xa que logo, acompañar o progreso tecnolóxico cunha reflexión legal, ética e social que oriente o seu uso cara ao ben común e non poña en perigo a propia humanidade que a creou.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina