Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
La Galería

Arredor de Don Carlos Vidal

A revista ‘Ferrol Análisis’ publica sendos estudios de Luís Alonso e Ramón Loureiro sobre a traxectoria do autor de ‘Ayer en que te dices’

Galería
Ilustración de Gosia Trebacz 
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

A obra de Miguel Carlos Vidal inscríbese nun territorio pouco transitado na literatura actual: o da austeridade consciente, levada até as últimas consecuencias, e o da autenticidade como ética creativa. En tempos de verbosidade e de excesos retóricos, a súa poesía avanza en dirección contraria, afirmando unha poética do silencio, da contención e da depuración extrema. Nada nela azaroso, gratuíto. Cada palabra é colocada con precisión de ourive.

‘Poesía (1956-2018)’ recolle unha selección feita polo propio autor en base a dúas obras fundamentais: ‘Ayer en que te dices’ e ‘El cuarto, la tarde, las rosas (y otros símbolos)’. A autoesixencia até límites que poderían resultar esterilizantes… é nota definitoria do poeta ferrolán. Pausa e pauta, peneirado e sedimentado, fidelidade a un proxecto que se decanta nunha obra na que nada sobra. Como atinadamente escribiu Luís Alonso Girgado: “La enseñanza de la edad acaba por liberarnos de tentaciones y vanidades, y el poeta, ya en la madurez de su vida, es consciente de la responsabilidad de publicar y de que lo publicado debe defenderse por si mismo”.

Xusto: todo nesta poesía é celme, núcleo, claridade nostálxica e ensoñada. Nun espazo interior, recollido e íntimo, fíltrase a transparencia dourada do solpor e establece un tempo calmo e plácido. “La luz con el tiempo dentro”, diría Juan Ramón. A poesía de Vidal vén agarimada por unha diafanidade que se pousa e se repousa nos retratos, nas mesas, nos sofás, nos obxectos familiares cargados dunha presenza antiga, dun tempo ido que, paradoxalmente, conflúe no momento actual; rescate do pasado vivido a través da afectividade.

A austeridade en Miguel Carlos Vidal non é pobreza expresiva nin minimalismo diletante, senón resultado dun lento proceso de eliminación. O poema constrúese tanto polo que di como polo que cala, pero suxire. Economía verbal que responde a unha concepción fondamente ética: eliminar o que non sexa estritamente necesario. “Menos é máis”, non como lema decorativo, senón como principio estrutural. “En poesía no hay números neutros:  lo que no suma, resta”, afirma Vidal, en certeiro apotegma. O accesorio distrae, o exceso enturba a “verdade” do texto.

Precisión

O rigor maniféstase na precisión léxica na que cada termo ocupa un lugar exacto, insubstituíble, peza axustada a un mecanismo global para dotar o verso dunha tensión contida, dunha densidade que nos obriga a reflexionar. O poema non se entrega á primeira ollada, reclama unha lectura demorada. Alén diso, a autoesixencia literaria impide o adorno estéril e o efectismo gratuíto. Nin fogos de artificio nin imaxes brillantes para impresionar aos lectores.

A poesía de Vidal confíase á forza do esencial, da claridade que nace do esmero e da contención que, lonxe de apagar, intensifica a potencia emocional. Memoria e pasado aparecen iluminados por unha linguaxe concisa, sen retórica, máis que recreados, evocados con poucos, pero suficientes trazos, para que a luz os atravese.

A palabra funciona como unha fenda pola que entra a claridade entre o muro da senrazón, do balbordo e do ruído dominantes no mundo de hoxe.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620