Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
La Galería

Literatura | Antoloxía de Álvarez Cáccamo

Ilustración de Gosia Trebacz
Ilustración de Gosia Trebacz
Cedida
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

“El poema nace de la vida pero pareciera no haber vida sin poema que la explique”, escribe Luis Suñén no limiar a “Cuatro décadas. Poesía 1983-2023” (Xosé María Álvarez Cáccamo. Dilema Editorial. Madrid, 2025. 630 páx. Edición bilingüe). Certamente, a poesía de Álvarez Cáccamo recolle a nosa historia colectiva e abrolla, en boa parte, das secuelas que deixou a Guerra Civil (especialmente dramática no seu caso) e das ondas de dor que esa fractura proxectou nas xeracións posteriores.

Non se trata dunha cuestión aséptica, afastada, senón dun trauma herdado a través de silencios clamorosos, ausencias dolorosas e padecementos inxustos. A obra de Cáccamo (esta antoloxía recolle textos de dezaoito libros) indaga neses intersticios nos que a memoria se volve materia fráxil, pero persistente, oculto latexo baixo as vivencias cotiás.

Como ben sinala Luis Suñén, un dos motivos recorrentes son os mortos da familia, non como evocación piadosa, senón como interrogación moral: que facer co legado dos que sufriron persecución, cárcere ou morte? Vivos no sentimento e na razón poética. De aí esa sensación de paisaxe devastada, tanto no exterior — os espazos desolados, as casas pechadas pola desaparición dos seus moradores — como no interior: a ruína moral que ameaza con borrar a propia identidade, e a de Galiza como pobo diferenciado.

A dor, a perda, a melancolía e a esperanza informan a maioría dos poemas.

Álvarez Cáccamo mergúllase na dimensión íntima dese acervo cultural: “REGRESADES á casa. Todo alí fica quieto,/ o lume na cociña fabrica as súas leis/ circulares, as roupas aínda gardan da noite/ os volumes vivísimos de xentes que soñaron…”. A lembranza convértese nunha acción salvífica de rescate, nun intento de restituír, cando menos simbolicamente, o que desapareceu. “No poema todo é posible, mesmo o retorno á vida dos que xa non están”.

A poesía funciona así como un espazo de recuperación dos devanceiros, devolvéndolles nome, rostro e dignidade. Sabendo que a evocación está feita de fragmentos, de restos, de imaxes incompletas, pero tamén dun mandato ético insoslaiable: preservar o herdo recibido e transmitilo honestamente, cos seus gozos e feridas.

Diálogo

“Una poesía que es a la vez elegíaca y lírica, épica y crítica…”, escribe Luis Suñén. En efecto, Cáccamo participa dun diálogo entre pasado e presente na intención de pechar, mediante a palabra, as fendas da violencia e do desamparo, cunha proposta de marcado carácter existencial nos últimos títulos.

A tonalidade, enunciativa unhas veces, reflexiva outras, vincúlase á conciencia da desaparición, da inevitábel finitude. A presenza da morte recórdanos a urxencia de deixar, se é posíbel, algo que perdure. Escríbese, xa que logo, contra o tempo que ameaza con sepultar a memoria dos antepasados e a do propio poeta. Porén, as imaxes, en ocasións de xorne surreal ou irracionalista, remiten a unha aguda lucidez que consegue elevar a experiencia persoal a rexistro colectivo.

Senlleira e profunda, a voz de Xosé María Álvarez Cáccamo érguese sobre a desaparición e o esquecemento, consolidándose como unha das figuras máis destacadas da súa xeración.

0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara