Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Deputación de Pontevedra publica unha edición de 'Os vellos non deben de namorarse' cos manuscritos de Castelao

Facsimile de 'Os vellos non deben de namorarse' publicado pola Deputación de Pontevedra
Facsímile de 'Os vellos non deben de namorarse' publicado pola Deputación de Pontevedra
Deputación de Pontevedra
beowner620V2
COLIMA 620v2
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Deputación de Pontevedra publicou unha edición facsímile de 'Os vellos non deben de namorarse', a única obra de teatro escrita e ilustrada por Castelao, que consta de tres volumes en tapa dura nos que se reproducen os textos manuscritos polo autor, actualmente conservados no Museo Pontevedra.

A edición preséntase como un estoxo co tres volumes e foi realizada a través dun acordo con Galaxia Editorial. Ademais dos manuscritos, tamén se reproducen nela as ilustracións coas que Castelao acompañou unha obra que el mesmo describiu como "imaxinada por un pintor e non por un literato".

Poranse á venda un reducido número de exemplares, pero o obxectivo principal da edición é pola a disposición de institucións e investigadores, segundo indica a Deputación. Ademais, estará acompañada dunha presentación este martes 27 de outubro ás 19.00 horas, coas intervencións do vicepresidente, Rafa Domínguez, a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, e o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo.

Dous dos volumes que conforman a publicación correspóndense coas edicións facsimilares dos dous manuscritos conservados. A primeira versión manuscrita é a que o artista lle regalou ao seu grande amigo Rodolfo Prada en 1940. Esta é unha versión preliminar, que se atopa encadernada en pel e coas ilustracións intercaladas co texto.

O segundo manuscrito, no que se basea a edición posterior de 1953, consérvase nun estoxo con tres cartafol, nas que texto e as ilustracións están sen encadernar. Un terceiro volume reúne catro estudos sobre a obra.

Este último contén textos da responsable de Publicacións do Museo de Pontevedra, Ángela Comesaña; o director da RAG, Henrique Monteagudo; o dramaturgo Roberto Pascual, e o historiador Miguel Anxo Seixas Seoane. Cada un deles achega unha análise diferenciada, que en conxunto abarcan aspectos sobre os manuscritos, a obra e o autor.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620