Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Don Disfraz e Vaneta, gañadores da II edición dos Premios do Ecommerce Galego

Don_Disfraz
Don Disfraz co premio
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Don Disfraz e Vaneta foron as empresas gañadoras da II edición dos Premios do Ecommerce Galego, entregados este venres no Pazo da Cultura de Pontevedra no marco dos Ecommerce Days 2026. Os premios, impulsados conxuntamente polo Clúster do Ecommerce Galego e Marketing4eCommerce, teñen como obxectivo recoñecer, impulsar e dar visibilidade ás mellores tendas online de Galicia, poñendo en valor proxectos que contribúen ao crecemento e á profesionalización do ecosistema dixital galego.

Nesta segunda edición, os galardóns volveron distinguir dúas realidades complementarias do ecosistema dixital galego: por unha banda, os proxectos emerxentes con capacidade de innovación, evolución e crecemento, categoría na que resultou gañadora Vaneta; e, por outra, os ecommerce consolidados que destacan pola súa traxectoria e posicionamento no sector, recoñecemento que recaeu en Don Disfraz. Os gañadores das dúas categorías foron elixidos mediante votación do público asistente aos Ecommerce Days, dando así ao propio sector un papel protagonista na elección dos proxectos recoñecidos.

Vaneta
Vaneta
Cedida

A II edición dos Premios do Ecommerce Galego volveu reunir proxectos de perfís e traxectorias moi diferentes, pero cun elemento común: a aposta por desenvolver desde Galicia negocios dixitais capaces de competir, innovar e crecer nun mercado cada vez máis esixente. A participación do público na votación reforzou, ademais, o carácter sectorial duns galardóns creados para dar visibilidade ao talento ecommerce galego. A entrega dos galardóns puxo o foco no crecemento dun ecosistema que conta cada vez con máis proxectos capaces de combinar marca, tecnoloxía, innovación, internacionalización e coñecemento do cliente, e reforzou o papel dos Premios do Ecommerce Galego como escaparate para o talento dixital desenvolvido desde Galicia.

Unha xornada de peche marcada polos casos de éxito

A segunda xornada de Ecommerce Days 2026 volveu reunir no Pazo da Cultura de Pontevedra a profesionais, marcas e empresas do ecosistema dixital arredor dalgúns dos retos que están marcando a evolución do comercio electrónico. Héctor Pla, CEO de Decántalo, abriu o programa cunha reflexión sobre o impacto da intelixencia artificial no ecommerce e sobre un escenario no que as marcas xa non poden depender unicamente de atraer tráfico ás súas propias webs, senón que necesitan traballar notoriedade, reputación e presenza externa para formar parte das respostas e recomendacións xeradas pola IA. A continuación, a mesa redonda “Crear unha marca que dure décadas”, con Rafael Pérez, CEO de Selmark; José Manuel Núñez, director xeral de Torre de Núñez; e Joaquín González, propietario e accionista de Vegalsa-Eroski, puxo o foco na capacidade de adaptación, os valores, os equipos, a innovación e a escoita ao cliente como claves para construír compañías capaces de manter a súa relevancia ao longo do tempo. Tamén se coñeceu o caso de La Crisálida, da man do seu CEO, Ramón Santos, que mostrou como un comercio histórico de proximidade conseguiu ampliar o seu escaparate ata acadar unha comunidade de máis de tres millóns de seguidores en redes sociais sen investimento publicitario, apoiándose na constancia, no contido útil, na conversa directa coa súa audiencia e na integración entre tenda física e ecommerce.

A vertente máis práctica chegou con seis obradoiros simultáneos dedicados a cuestións directamente aplicables ao día a día dos negocios dixitais: como controlar o relato dunha marca nos contornos de intelixencia artificial, novos sistemas de pagamento, problemas técnicos que poden afectar á conversión, estratexias de Google Ads apoiadas en IA, Brand Partnership e as posibilidades que abre o Agentic Commerce e a intelixencia artificial autónoma. A programación completouse coa intervención de Iria Casqueiro, directora de Customer Experience de Leroy Merlin, centrada en fidelización e experiencia de cliente, antes de dar paso á entrega dos II Premios do Ecommerce Galego, que pechou unha segunda xornada na que a intelixencia artificial, a fortaleza de marca, a dixitalización do comercio tradicional e a aplicación práctica de novas ferramentas volveron situarse no centro do debate.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620