Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Xunta impulsa a fabricación en Galicia de proxectos de defensa

A licitación de compra pública precomercial, dotada de 40 millóns, busca “novos socios estratéxicos”

María Jesús Lorenzana, durante su comparecencia este lunes tras la reunión del Consello
María Jesús Lorenzana, durante su comparecencia este lunes tras la reunión del Consello
EFE
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Xunta autorizou a compra pública precomercial para financiar acordos dentro da estratexia galega de seguridade, defensa e aeroespacio, cunha dotación de 40 millóns de euros, coa novidade de ter en conta que “a industrialización se faga na comunidade”.

Aprobouno o Consello da Xunta este luns, segundo destacou o presidente galego, Alfonso Rueda, para “apoiar” proxectos que supoñan a creación de “solucións pioneiras”. “Un dos criterios relevantes é que os proxectos aposten por fabricar en Galicia”, subliñou.

Pola súa banda, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, sinalou que esta licitación de compra pública precomercial, que vai estar dotada de 40 millóns, busca “novos socios estratéxicos cos que desenvolver tecnoloxías duais dentro da seguridade, a defensa e o aeroespacio”. Estas tecnoloxías duais son as que teñen aplicacións civís e no ámbito da seguridade e a defensa.

Segundo expuxo, o documento define uns retos “xenéricos” para as empresas que se presenten en consorcios, como a protección da poboación, as emerxencias, a protección civil, a xestión e vixilancia do litoral e o medio mariño, a ordenación do medio ambiente, o medio rural, as infraestruturas críticas, a ciberseguridade, a mobilidade, o tráfico e a loxística, así como a atención social en territorios dispersos, entre outros. Entre os retos “particulares” mencionou as plataformas non tripuladas, sistemas espaciais, comunicacións seguras e redes resilientes, microelectrónica, vixilancia marítima e redes de sensores.

En todo caso, segundo explicou Lorenzana, cada consorcio poderá formular o seu proxecto e a “novidade fundamental” desta compra pública precomercial é “esa idea de que a industrialización se faga na comunidade”.

O que pretendemos é que o coñecemento permaneza no territorio, que as empresas galegas participen nesas cadeas de subministración e que o investimento desa capacidade produtiva permaneza na comunidade, transformando o coñecemento en capacidade industrial”, resaltou a conselleira.

Tras “un diálogo moi amplo” coa industria no que participaron 78 empresas, a Xunta identificou os retos tecnolóxicos e “construíuse unha convocatoria” adaptada ás necesidades e demandas, sostivo Lorenzana.

En canto ás fases, indicou que abre o prazo para a presentación das solicitudes de participación, que finalizará o día 30 de setembro. Despois haberá un prazo de 25 días para a análise e a invitación a consorcios a facer unha reproposta; outros 15 días para expor as propostas finais e a Xunta conta con que o procedemento estea adxudicado o primeiro semestre de 2027.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620